Venres. 19.04.2024
El tiempo
Domingo Guerra
11:46
09/03/18

Cos deberes feitos

Cos deberes feitos

As corporacións locais foron as únicas administracións que cumpriron un ano máis –e xa van cinco consecutivos– co obxectivo de estabilidade orzamentaria. No exercicio 2016 obtiveron un superávit conxunto de máis de 7.083 millóns de euros (0,64% do PIB).

Pero, como xa temos denunciado aquí, o Goberno Central non permite que ese aforro se destine a financiar as múltiples e diversas necesidades municipais. Tan só pode aplicarse a investimentos financeiramente sostibles ou a reducir endebedamento.

Na táboa, preséntase o «Remanente de Tesourería» dos nosos concellos correspondente ao ano 2016, último exercicio liquidado do que se ten información.

Remanente de Tesoureria dos Concellos da COsta da Morte 2018

O importe conxunto do remanente de tesourería para gastos xerais dos nosos concellos (coa excepción do dato de Coristanco, único que non rendeu contas), totaliza 16.878.207,20 euros. Unha cantidade certamente significativa, pero confiemos en que a do exercicio 2017 sexa aínda mellor.

A normativa reguladora das facendas locais establece que a liquidación do orzamento do exercicio 2017 se aprobe, pola alcaldía, antes de que remate o mes de marzo de 2018. En consecuencia, quedan xa poucos días para cumprir co prazo e dispoñer deses resultados.

Neste sentido, a Federación Española de Municipios e Provincias está mantendo reunións co Ministerio de Hacienda para conseguir que os concellos con superávit en 2017, poidan distribuílo en infraestruturas sociais, culturais, educativas, deportivas, tratamento de residuos, seguridade e protección civil, equipamento de dependencias municipais e fomento de emprego. Pois ben, parece que todo vai polo bo camiño e, agás no caso do fomento de emprego, existe consenso para que o catálogo poida ampliarse a esas actuacións.

En consecuencia, é recomendable que os nosos concellos aproben con celeridade a liquidación do orzamento de 2017, porque si se subscribe un Decreto Lei establecendo esta medida, os nosos representantes municipais deberán decidir en que investir o remanente, a partir do vindeiro mes de abril.

 
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios