Martes. 19.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
11:21
09/02/21

Despois de xaneiro

Rendición de contas Costa da Morte 2019
Despois de xaneiro

Como adiantamos no anterior artigo deste espazo sobre Economía Municipal, despois do mes de xaneiro obteríamos datos sobre a rendición de contas. Pois ben, agora que son públicos, proporcionamos na táboa a situación dos nosos concellos.

Observamos como Coristanco, Muxía e Santa Comba foron as únicas entidades que vulneraron a obrigación fundamental de render contas, crebando ese principio básico no que se fundamenta a democracia.

Pero, así como sabemos das consecuencias patrimoniais que poden afectar aos alcaldes e/ou funcionarios infractores, con multas significativas sobre ás súas nóminas ou, incluso, imputarlles responsabilidades penais, o efecto deste irresponsable comportamento incide, tamén, sobre as arcas públicas, xa que para que se poidan percibir subvencións é imprescindible que se renda a Conta Xeral ao Consello de Contas.

Esta última implicación considérase especialmente grave en momentos como os actuais, porque os concellos dependen de subvencións da Xunta de Galicia para axudar, na medida do posible, á minguada economía local.

Por iso, non nos cansaremos de reiterar a importancia de cumprir coa rendición das contas anuais. Porque, ademais do anterior, só deste xeito pode garantirse a necesaria transparencia na xestión pública; que o órgano de control externo poida realizar a súa función fiscalizadora; e que, en definitiva, todos poidamos coñecer os resultados económicos, financeiros, e orzamentarios dos nosos concellos.

OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA

 

Comentarios