Martes. 23.04.2024
El tiempo

Por un puñado de churros

Churros
Por un puñado de churros
O pasado mes de septembro casou a miña irmá máis nova.

A nosa é unha familia ampla, principalmente aglutinada na provincia de Murcia pero tambén noutros puntos do Levante e unha pouca xente que vive en Madrid.

Douse o caso de que na casa familiar durmimos por mor da voda un nutrido grupo de primas, tías e demáis xente achegada. Cousa que desencadenou nun multitudinario almorzo a mañá despois do evento.

Como ben é tradicional nun almorzo post festivo, achegueime ata o posto máis preto e merquei churros para toda a familia. Na mesa daquel almorzo estaríamos unhas 20 persoas, das cales só 2 naceron e medraron en Madrid.

Saíron os churros á mesa, 18 persoas recoñeceron o alimento como churros, 2 persoas iniciaron unha serie de chistes sobre como na periferia inventamos os nomes das cousas porque “eso nin son churros nin son nada, poderían ser porras, pero as porras son máis gordas e ten o perímetro estriado, os churros son finos e con forma de lazo”.

Ao pouco de escoitar estes comentarios varias das persoas que recoñecían inicialmente o alimento como churros empezaron a falar do boas que estaban esas porras.

Seguido do cal tomei eu a palabra: imos ver, eu estou preto de cumprir 40 anos e os churros sempre foron como estes, na churrería meten a masa nunha sorte de xeringa grande, apretan o émbolo de madeira e forman unha roda en toda a superficie do aceite quente na que friten a masa, os dous anacos dos extremos da roda son as porras, cada roda de churros só da dúas porras, isto é así en toda a zona de levente, e iso que vós os dous estades a chamar churros aquí son “churros finos” ou mesmo “churros madrileños”, cando eu visite Madrid xa farei para que me entendan e usarei as verbas que aló usedes, pero é moi feo que veñades dúas persoas a dicirnos a 18 que estamos nun erro co noso uso das palabras.

Me cortaron voces de: bueno, oh, cálmese a nacionalista, só son churros, e estás a punto de dicir “Madrid ens roba”, teñamos o almorzo en paz…

E era certo, só eran unhs churros, pero empézase por deixar que che cambien o nome dun alimento e rematas aceptando que o colapso da laguna do Mar Menor, que se deu ás poucas semanas deste almorzo, non tiña nada que ver coa explotación agrointensiva do campo de Cartegena por empresas que tributan na capital do estado, nin coa neglixencia do goberno autonómico que levaba 30 anos mirando cara outro lado e desouvindo ás voces dos colectivos ecoloxistas que avisaban desde hai 20 anos do que estaba a acontecer.

Non fai falla dicir que isto aplica en Murcia igual que en Galicia.

Comézase cedendo a lingua e rematas por escoitar á entidade autonómica de turno decindo que como xa case son todo eucaliptos e case non queda bosque autóctono que xa non ten sentido falar da protección deste, senon máis ben incluír as árbores das antípodas como especie propia; o de que acidifican o chan e fan máis doados os incendios non lles debe parecer importante.

 

E bo, volvendo a aquel almorzo de setembro, no que me cortaron e non poiden rematar, quedoume por dicir que aqueles que adoptan sen máis oposición á voz de Madrid danlle ás á xente da capital para vir ás periferias e dicirnos como debemos ser, falar, para se crer quen de facernos perder a nosa identidade e facernos renegar do que somos, aquelas xentes da periferia que recúan ante a voz de Madrid e aceptan ás súas imposicións demostran ter un grande complexo de inferioridade e pouco amor propio. Pode que sexa neles en quen se inspire o señorío do V de vergonza, cando fala de catetos.

E é que algúns están tan afeitos a facer caso ás voces de Madrid que non son quen nin de gobernar, piden “instruccións claras” para saber que facer na súa propia autonomía na desescalada, despois de 11 anos ao fronte, e rematan improvisando corentenas de 5 días, alguén entendiu xa a base científica disto?

  • Fátima Rodríguez. Murciana de nacemento e Enxeñeira Técnica de Obras Públicas de formación, convertiuse en pontecesá e empresaria das novas tecnoloxías por decisión propia.

Outros artigos de Fátima Rodríguez

Comentarios