Venres. 19.04.2024
El tiempo
Javi Turnes
10:22
30/03/11

Discontinuidade e Recoñecemento

Discontinuidade e Recoñecemento

O descoñecemento de sí non pode ser atendido pola necesidade de recoñecemento.

Tan lonxe e tan cerca se atopa a identidade, sexa por iso que a todos gusta enumerar as viaxes, como se alí –tan aquí, verdade? - tivesen intuido algo que xa irremediablemente perderon á volta. Fatua mención de viaxes e lugares co ruído da palabra (enchéndoo todo coa palabra). Canto precisa viaxar un home para atopar a súa posición? Canto precisa dicir para cifrar a súa hilazón co mundo e coas cousas?, co semblante estrano que cada día presenta, co seu futuro incerto e coas nubes e co vento… Cal é o seu “dende”? Abandonarás nalgún día a esixencia de ser visto? Abandonarás o recurso á linguaxe? A voz é a túa promesa, a maldición do teu telos; mais o silencio –que nada espera que nada agarda e todo agocha-, tan só unha consumación.
  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

Comentarios