Martes. 18.02.2020
El tiempo
José Luis Louzán
20:19
28/02/09

A delgada liña vermella

A delgada liña vermella
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta ben complicado definir cal é a liña que separa cada cousa. Si falamos de bos modais, a liña volvese as veces case invisible, e o que resulta cotiá na nosa civilización, parece escandaloso na do lado, e viceversa. Si falamos de política, a liña que separa as accións sociais do populismo e menos fina, pero as veces cruzala resulta moito mais sinxelo do que se pensa, e existen multitude de exemplos disto ultimo.

A fina liña que separa o humor, a sátira e o esperpento do Entroido mais reivindicativo do mal gusto e da inxuria e calumnia e tanto mais fina que tódalas demais. Depende sempre do lugar dende onde se mire. Unha muller dun coñecido empresario se amosaba indignada a vista dunha parodia no Entroido de Cee onde se facía “sangue” publica cun asunto coñecido pola maioría e do que xa falei no seu momento. Non vou a entrar a debater si esta ben que a cidadanía se exprese dese modo no entorno dunha festa coma esta, coas súas representacións da vida publica, e expoñéndose a ser recoñecidos polo resto de veciños, polos que están de acordo coa sátira e polos que non. Non é ese o debate.

O debate esta noutra parte e ahi e onde quero chegar, porque ¿que dereito ten ninguén a indignarse e que dereito a defender a liberdade de expresión?, ¿canto de grave resulta falar das inclinacións a festa e a farra dun alcalde, ou dun empresario, e canto de grave teñen as accións en exercicio do seu poder deses personaxes?, ¿é lexitimo chamar putero, borracho ou malversador, aínda que sexa de xeito velado, a alguén sen aportar proba algunha?, e si é nun acto do Entroido ¿entón é legal?...

Dun tempo a esta parte esta bastante de moda que grupos de rapaces a cara tapada se dediquen o lanzamento de ovos e fariña a grupos de mozos e mozas da súa mesma idade polas rúas das vilas desta parte do país. Entre a fin de semana previa a festa e o propio martes de Entroido as rúas e as fachadas de comercios e vivendas rematan emporcalladas destes dous elementos. É ben certo que en zonas da provincia de Ourense estas “batallas” son tradición, pero teñen lugar so nun día concreto e respectando certos limites. Aquí, o non existir tradición, a cousa amosase descontrolada e un pensa ¿é que a lei “dimite” mentres se celebra o Entroido?, cantas leis ¿todas?. De ser así, ¿podería aproveitar tamén a zoscarlle a ese veciño que non o podo ver diante?... e el ¿podería prenderlle lume a miña casa?.

¿Cantas leis quedan clausuradas mentres dura o Entroido?, ¿so as que se refiren a dignidade persoal, o dereito a honra e a defensa da propia persoa ou calquera outra?.

Porque claro, ¿que pensariamos si grupos de encarapuchados tirasen ovos e fariña por doquier un día 24 de Abril en, por exemplo, as rúas de Compostela?, iso que seria ¿Kale Borroca?.

Parafraseando a aquel “as cousas sempre son da cor do cristal por onde se miren”.

  • José Luis Louzán.

comentarios