Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:18
11/07/08

A Espeleoloxía é unha ciencia

A Espeleoloxía é unha ciencia
As verdades como puños de José Luis Louzán

Vostedes sábeno, eu padezo. Cee esta literalmente “levantado no aire”. A razón primordial pasa polas leeeeeeentiiiissiiimasssss obras que están a ter lugar por doquier na busca de canalizar tódalas augas que discorren pola chaira na que se asenta a vila, ata o mar. Canais de obra de tres metros de ancho por outros tantos de alto, en formigón armado, que necesitan de maquinaria pesada, moito calculo, contrafortes, encofrado, etc... pero lentas a morrer.

Con este panorama corría por Cee estes días un bulo relativo as próximas festas patronais da Virxe da Xunqueira, o 15 de Agosto, e de San Roque o 16, e dicía este chisme que non se ia celebrar festa. Que as obras impedían calquera movemento e que se decidira suspendelas.

Partindo da base de que o dirixente que se atrevese sequera a pensar semellante burrada seria desterrado ipso facto da mesma localidade, resulta curioso ver que mala é a envexa. Porque algo así nace da mente truculenta de alguén con moita envexa. Non sei de que, pero envexa.

As lentas obras, a todo esto, vanse ver o parecer agravadas por mais obras na praza do mercado e nun debate o redor de todo esto eu me expresaba esta semana lembrando algo que o mellor moitos esquecen. I é que, a pesares do molesto e do fastidioso, do caótico de cortar algo tan necesario como ese espazo na vila da Xunqueira, a cousa seria moito peor en Inverno. Peor por tempo, a lentitude seria maior téñano por seguro, peor polo tempo meteorolóxico, a choiva impediría a bo seguro que se avanzase a un ritmo adecuado, e peor porque non hai turistas, non, pero eu sigo aquí.

Eu e moitos mais, afectados polas obras e tamén polos impostos, impostos que os de fora non pagan e que so costean nunha pequena parte, sen deixar no resto do ano ganancia algunha na comarca.

Así que, simplemente, tense que facer agora. Neste mes, a poder ser, para evitar ter esa praza ocupada no transcorrer das festas, pero agora. Calquera outra decisión seria mal entendida por moitos, interesada e so perseguidora dunha efémera aprobación dunha parte do pobo que, por si o esquece alguén, non vota aquí senón en Madrid, Cataluña ou o estranxeiro. So se ten que tratar de ser dilixente e de “apurrar” na medida do posible os contratistas desas magnas obras para que o que debería levar dous meses non leve tres.

E por rematar con broche de ouro. ¿De quen foi a xenial idea de reformar e empedrar a Rúa D´arriba en base a unha “ Escola-Taller, Obradoiro, etc”?. Xa postos a iso, ¿Non seria mellor que o fixeran, non sei, os mestres da Escola de Musica ou os funcionarios de oficinas do Concello?. E mentres ese grupo de obreiros aprende o oficio, ¿quen paga as facturas dos negocios practicamente inviables desa rúa?.

O mellor podémolo pagar cos cartos aforrados das festas da Xunqueira.

  • José Luis Louzán.

Comentarios