Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:22
18/04/08

Bandeiras dos nosos fillos

Bandeiras dos nosos fillos
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Este pasado martes Cee estreou bandeira. A quen pille desprevido direille que se trata dun trapo de cores vivas representativo, segundo os expertos en heráldica, da vila de Cee e da súa historiografía. Quedamos todos iguais, eu aló menos, e o único que me da pe esta pequena novidade e a lembrar canto de valeiro teñen estes símbolos para min dende sempre.

Cando era mais novo gustábame sentirme representado por determinada simboloxía. Eu son dos que pensa que a autentica bandeira de España e unha vermella amarela e gualda que foi a ultima con certo rigor legal neste pais. Tamén son dos que considera que a bandeira galega, a vista de como se goberna este pais debería estar mais ben constituída por un fondo branco cunha pandeireta enriba porque así e como penso que se leva este pais, coma unha pandeireta.

Tamén creo que hai cousas mais importantes que poñerlle símbolos as cousas sobre todo canto todos sabemos que é cada que. Por exemplo ¿alguén sabe como é a bandeira de Vimianzo, ou de Corcubión?. Mais sinxelo aínda ¿quen podería describirme o escudo de Muxía ou Camariñas?.

Mazaricos ten logotipo na vez de escudo coma membrete oficial, un ben fermoso por certo, un paxaro, así que ¿non podería ter Cee logotipo? Eu, así a botepronto propoño ese de Star Trek que se apropiou certa instalación comercial “Teletransportame Scotty” dicían na mítica serie. Pois aquí igual;

  • Vigo a ponte.
  • Si Señor!!
  • Propulsores da Praza do Mercado o cento por cento...

Outro concelleiro podería facer de Spoke e para facer de Klingons... Bueno hai escollan vostedes que eu non quero leas.

Para gustos cores e para bandeiras as bandas de musica, os boyscouts e a Lexión coa cabra incluída. Eu con que non marche a luz unha hora, ter onde aparcar e que me timen menos nos impostos muncipais me don por contento. Incluso sen bandeira nin escudo.

  • José Luis Louzán.

Comentarios