Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
22:13
17/04/09

Cidade sen lei

Cidade sen lei
As verdades como puños de José Luis Louzán

Moitas veces me pregunto que empuxa a un home a facer determinadas cousas. As veces vense historias en televisión, novas na prensa, que fan que un se cuestione que mecanismos moven a alguén a, por exemplo, afirmar que non é quen de facer cumprir a lei nun determinado entorno de delincuencia constante e deliberada.

Outras veces, cando sucede algo así, me alporizo e me da mais ben por cuestionarme que tipo de “cousas” son as que moven a un político a dicir, por exemplo, que non é de todo certo que se están a producir eses delictos, senón que a “percepción” dos veciños da realidade esta algo alterada e non son quen de ver que, na realidade, todo marcha vento en popa e non hai problema ningún. Aínda mais, a cousa se achega o surrealismo cando se afirma sen dubidas que as forzas de seguridade levan tempo actuando e que en pouco tempo se apreciara mellor que as sancións impostas remataran co problema. Non o fixeron en 25 anos, pero agora si, agora si se esta a facer algo. Bobadas.

Este grao de incompetencia, este grao de corrupción, se así fose, non é patrimonio único da Costa da Morte. Son moitos os concellos, en Galicia e fora dela que ningunean os dereitos dos seus veciños, que os pisotean directamente, a cambio ou por non se sabe moi ben que. Porque eu, que aínda que pareza o contrario son de natural confiado e que creo na boa vontade das persoas, confío en que non son simplemente cartos ou especia os que provocan situacións como a que se viviu no seu día no Orzán Coruñés ou en moitas rúas de Compostela. Non. Eu penso que poda ser o medo a represalias de delincuentes disfrazados de hostaleiros da noite o que mova a según que mandatarios a facer ouvidos xordos as queixas de ducias de familias, a expoñerse a querelas por actos cuasi criminais. Eu penso que pouco prezo me parece algo de droga ou un puñado de euros pola compra de unha impunidade total nas noites da fin de semana.

Pero así son as cousas e estas dubidas, que non certezas, estas preguntas ocupan moitas veces as miñas noites de insomnio mentres escoito o mellor da bachata, o regaeton e os clásicos do rock de tódolos tempos atravesando un muro de pedra caliza de 80 centímetros de grosor. Seguro que estou equivocado, e seguro que unha nube de corrupción non planea as cabezas dos que nos mandan. Seguro que é un problema de percepción dos veciños.

Seguro que si.

  • José Luis Louzán.

Comentarios