Mércores. 18.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:02
24/10/08

Corralito

As verdades como puños de José Luis Louzán

No ano 2001, na Arxentina denominouse “Corralito” a unha restrición na extracción de cartos en efectivo de prazos fixos, contas correntes e caixas de aforro imposta polo goberno de Fernando de la Rúa no mes de Decembro dese ano. O obxectivo que se perseguía con esas restricións era, o parecer, evitala saída de cartos en efectivo do sistema bancario, tentando así evitar unha sangría bancaria e o colapso do sistema.

A recesión mais prolongada da historia arxentina iniciouse a mediados de 1998, no final do segundo mandato de Carlos Saúl Menem. Dende ese tempo ata a fin real do sistema financeiro naquel pais so pasaron tres anos, e a implantación do corralito so foi a gota que colmou o vaso.

Non foi un proceso repentino, durou días. Nun primeiro momento foron restrinxidas algunhas contas de algunhas persoas con gastos correntes altos, como os pequenos empresarios locais. Un banco sabe, porque o sabe, canto soe gastar en pagos a provedores un deses comerciantes, e en principio “gardaban” digámolo así, un pequeno remanente co que impedir que a conta do comerciante quedase en números roxos, aínda que so fose durante uns poucos días, ou incluso horas. Por seguridade, dixeron.

A cousa empeorou, e cando un acudía a sacar os seus cartos, os seus propios do banco, aínda sen deberlle a este nada (ou debéndollo, digo eu) a resposta era que non se podía. Nada. “Use su tarjeta de crédito” contestaban os das oficinas. E así, de a pouquiño, o que era de un pasou a ser... dos bancos, sobreprotexidos polo poder que tanto lles debe.

Ben. A pasada semana coñecín do primeiro caso de pequeno comerciante o que unha entidade bancaria “reten” parte dos seus cartos para asegurar, o parecer, que cando cheguen un determinado numero de facturas existan cartos cos que facer fronte a eses pagos. Claro que, digo eu, iso non é asunto do banco, que so debe preocuparse, penso, por cobrar ou devolver os recibos en función de que existan ou non fondos para facer fronte os pagos. Ou, en todo caso, ter a delicadeza de chamar a ese seu cliente (cliente repito, non empregado) e anunciarlle a entrada da factura e o estado da conta. Senón é moita molestia claro.

“As persoas son maiorciñas para decidir por elas mesmas” dicíame unha coñecida que hoxe pon cara a unha campaña bancaria da entidade na que traballa. Pois por iso... ollo cos “corralitos”, non se convertan en alambradas de aramio de espiño de aquí a un tempo.

  • José Luis Louzán.

comentarios