Domingo. 22.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
09:54
16/01/09

Dúbidas Razoables

Dúbidas Razoables
As verdades como puños de José Luis Louzán

Milton Friedman foi un destacado economista e intelectual estadounidense. Defensor do libre mercado e máximo expoñente do monetarismo neoclásico, Friedman realizou contribucións importantes nos campos da macroeconomía, microeconomía, historia económica e estatística. No 1976, foi galardoado co Premio Nobel de Economía polos seus logros nos campos da análise do consumo, historia e teoría monetaria e pola súa demostración da complexidade da política de estabilización.

Friedman ven o caso da miña reflexión de hoxe basicamente por que foi o principal representante da chamada “escola de Chicago”, unha corrente liberal e monetarista que encabezou a reacción contra as políticas económicas preconizadas por Keynes, que era outro fenómeno da política económica, diametralmente oposto en case todo os postulados de Friedman. Este criticou o gran tamaño adquirido polo sector público nos países occidentais, denunciando a distorsión que a intervención estatal introduce no funcionamento dos mercados. Mentres Keynes defendía que unha moderada intervención estatal como regulador dos mercados resultaba primordial no equilibrio das economías nacionais.

Friedman propuxo desmontar o Estado do benestar e deixar que actuasen libremente as leis da oferta e da demanda, e Keynes por contra consideraba esta posibilidade un suicidio social. Recuperando vellas ideas, Friedman actualizou a teoría cuantitativa da moeda, denunciando os efectos inflacionistas das políticas expansivas keynesianas.

Nembargantes, ambos acabaron dicindo o mesmo e, finalmente, Friedman defendeu o mesmo tempo medidas de protección contra a pobreza, como un imposto negativo sobre a renda dos mais pobres ou ideando un cheque escolar para os cidadáns de menores ingresos.As súas teorías influíron poderosamente sobre as políticas económicas implementadas para saír da crise no último cuarto do século XX. E chegados a este punto me asaltan as dubidas, grandes dubidas, o respecto do modo no que afrontar os feitos actuais, a suposta crise e as súas consecuencias.

Resulta que o paro se dispara, pero mentres Friedman defendería medidas que facilitasen o despido para unha maior flexibilidade no mercado, un servidor, que se sinte e se apoia nas esquerdas para moitas cousas, considera que non é tan descabellado ou malintencionado un paso dese tipo. Friedman consideraba ademais algo que eu tamén considero moi intelixente. El dicía que “os gobernos non crean emprego, mellor que faciliten a vida os empresarios para que as empresas sexan as que se encarguen diso”.

Por outra parte, esta claro que o mercado non foi quen de autoregularse nun dos períodos de maior estabilidade política da historia, os últimos 25 anos. Na vez diso, financeiros e especuladores demostraron canto de grande e desmesurada é a avaricia dalgúns, e que pouco de autoregulación existía nos países mais desenvolvidos do mundo. E a pesares disto queda claro que foi un movemento liberalizador o que elevou e moito as cotas económicas da maioría dos membros da tan manida “clase media” da sociedade.

Visto todo isto, e vistos moitos mais antecedentes a verdade e que resulta moi difícil defender tanto unha postura, a mais “social” digamos, como a outra, a mais “capital” tal vez.

Todo resulta moi complexo en situacións como a actual e cando un debe tomar decisións que afecten a moitos. Pero tamén ten que quedar claro que antes e despois a responsabilidade do sucedido parte e remata en alguén, nalgúns, con nomes, apelidos e números do DNI. Responsables todos duns feitos que nos afectan os únicos que non podemos defendernos, os cidadáns. Agardo saber os seus nomes, ou a lo menos confirmalos, e as medidas xudiciais oportunas. Agardo sentado claro, inmerso nas miñas dubidas razoables.

  • José Luis Louzán.

comentarios