Sábado. 16.11.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:18
16/07/10

É nosa

Noto certo “rintintin” en varios comentarios que escoiten nestes días, a propósito do triunfo do seleccionado nacional no Campionato do mundo de fútbol que se celebra en Sudáfrica. E non me refiro a proliferación de bandeiras pseudo-constitucionais en fiestras e coches, a modo de identificación co feito de que un combinado de xogadores con residencia nalgunha das comunidades do territorio nacional veña de proclamarse campiona do mundo de fútbol, no. Falo da enorme e pueril polarización que os de sempre, os divisores, a clase política, quere facer en base a un feito que ten tanto de “españolista” coma eu de capador de porcos. 

Si nalgún mundo se pode observar o patético e minúsculo das nosas diferenzas (tomadas como arma política para a desestabilización do persoal) este é o deporte. O deporte en equipo, principalmente. O exemplo mais recente e evidente pasa polo seleccionado en baloncesto, campión do mundo e de Europa combinando xogadores cataláns, madrileños, andaluces e de outro fato de comunidades en aras a un equipo de auténticos xogadores de equipo actuando coma colectivo. O fútbol, idioma de masas querido e seguido por millóns de seareiros en todo o planeta fai canto mais evidente esta cuestión. Un porteiro madrileño, defensas e mediocampistas cataláns, acompañados de algún vasco, un punta asturiano e outro tamén de orixe madrileña, e casado cunha galega (como tantos outros e outras). Un compendio, unha colaboración, un equipo. Nada que ver con bandeiras, con himnos nin con símbolos que, por outra banda, foron aceptados (supostamente) por todos e todas incluídos no texto da constitución do 78. 

Así que, ¿que significa tanta bandeira, tanto coche enarborando a enseña pola ventaíña mentres fai soar o claxon?. Bueno, depende. Para min significa orgullo. Orgullo de que 23 dos meus veciños e veciñas de comunidade fagan algo tan grande e complexo coma gañar un mundial. Orgullo de que eu ou calquera pertenza a mesma unidade estatal, por moi diferentes que sexamos no noso día a día. Orgullo de que falen de nos ben, na vez de mal coma soe ser habitual. Orgullo de ser o vencedor e non o triste e habitual derrotado. Agora ben, o que seguro que non significa, aló menos para min, e ningún tipo de pertenza, aceptación ou entendemento da postura fascistoide e idiota de catro individuos e de catro xornalistas (son cousas distintas) que pensan que as bandeiras e o aplauso o seleccionado son, nin mais nin menos, que unha carta branca os seus desexos de volta o pasado “una, grande y libre” etc, etc

 

Eu, para entendernos, son español porque o país o que pertenzo, Galicia, figura como comunidade asociada da entidade denominada España. Asociada, de xeito político e económico e dentro do marco denominado “estado de las autonomías”, un modo fino de dicir “nos reunimos para votar polo estado federal pero, como non nos dou para mais, quedamos con isto”, que foi o que deberon de dicir os seus mais cercanos os pais da constitución de esquerdas o saír da penúltima reunión na que se esbozou a carta magna. 

Resulta patético escoitar a xornalistas da Razón ou do ABC, arrogar a este fervor popular polo fútbol carácter de enquisa, de referendum, pro-españolista e anti-catalanista, cando non so non ten nada que ver unha cousa coa outra, senón que, ademais, fainos presumir a outros que a “vox populi” esta en mans de persoas nada cabais e bastante infantís. Seria patético que se profundizase nesa mensaxe errada porque, basicamente a selección non é “deles”. A selección é nosa. Roxa, plurinacional e imparable, propia dun estado rico en matices e identidades coma o noso. Grande en corazón, pequeno en raciocinio e sentido común.

 

Ogalla o acaben entendendo así tamén aqueles os que lía estes días dicir que se sentían mais Portugueses  (ou Holandeses na final) para significar mais a súa galeguidade, confundindo “galego” con “negación de España”. Nada que ver. É patético ver o dano que 40 anos de ditadura baseada en símbolos como esta bandeira (as cores son as cores, con ou sen escudo) fixeron o noso raciocinio. Non asumir que isto é parte de todos e que o modo “Cainita” no que esta banda de mediocres politiquillos pretende que nos “matemos” antes de ter que matalos a eles resulta lamentable. Mirade como se apuntan hoxe a vitoria, como “sufriron” co partido... “los políticos tambien somos personas” (Dudo desta afirmación de Rajoy, a vista do xeito no que se comportan). Patéticos títeres de catro bancos e banqueiros, ora fervorosos seguidores de “La Roja”, maña dirixentes fascistas que non entende como Puyol pode bicar na Señera o remate da final. Que tristes son todos, que penosos.

 

Así que non. Esta é nosa, e ninguén vai ser capaz de separarnos dela.

 

Bravo chavales. Puidemos. 

 
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios