Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
10:59
14/11/08

Escaso prezo

As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que nestes días se coñecían dúas sentencias que me motivan a pensar que as veces matar resulta demasiado “barato”. Falo do caso dos mozos acusados de asasinar queimando viva a unha indixente en Zaragoza e do non menos sangrante caso dos presuntos independentistas acusados de colocar unha bomba en plena rúa en Compostela fronte a sede central de Caixa Galicia.

E digo “barato” porque, mais que polos anos de condena, dezasete para cada un dos dous acusados da morte da indixente, me parece escaso o feito de poñer un prezo a morte como tal dalguén de xeito anónimo e sanguinario. Dezasete anos de prisión en este pais se converten con boas condutas e demais en doce so cun pouco de boa vontade do reo e uns poucos manexos legais. Dez anos de prisión, outros dous de terceiro grao con saídas de fin de semana e outro mais compensado pola prisión preventiva, cando un se da conta xa esta na rúa o asasino. E a min, neste caso aló menos me parece pouco, que queren que lle diga.

Nin falamos dun accidente, nin da influencia das drogas ou o alcohol, nin sequera falamos dun caso de mala sorte, un erro ou unha decisión mal tomada. Non. Falamos de entrar nun caixeiro en plena noite cargando cunha garrafa de liquido inflamable, rociar a unha persoa e despois prenderlle lume ¿que demo pensaban que ia pasar, que era ignífuga, que non ia arder?. Barato, moi barato.

Rozando a vergoña esta o seguinte dos casos, o dos famosos “independentistas” nacionalistas que un bo día decidiron que sería boa idea colocar en plena rúa, o pe da sede central en Santiago de Caixa Galicia, un artefacto explosivo. Deixando a un lado os millóns de euros de destrozos, non so no edificio atacado senón nos axacentes da mesma rúa, deixando a parte que o xuíz rebaixou a petición dun delito de grandes destrozos por outro de danos, neste caso me move o descoñecemento do sentido común que se estila por aquí. Cando a un condutor o multan por conducir a trescentos por hora en autopista cando nin bateu contra ninguén no momento da multa nin o fixo antes, ¿sobre que base se sanciona a ese señor penalmente?. Non falo da sanción administrativa, falo da de cárcere ¿que se xulga?. Basicamente o que se cuestiona é o dano que se podería ter producido en caso de accidente, seguramente de morte e de causa penal claro pero... ¿e no caso do que falamos?.

O artefacto estourou as tres da tarde, sen veciños na rúa e nun dia de pouca afluencia a Compostela, por iso non falamos de feridos nin de mortos pero, ¿podería habelos?. Eu penso que si, dado o grave dos danos producidos. Polo tanto ¿é suficiente condenar por danos a estas dúas persoas?. ¿e suficiente que cumpriran escasamente un par de anos de prisión provisional a espera de xuízo firme e que en base a isto xa estean na rúa?... Que cada se conteste, eu xa o fixen...

  • José Luis Louzán.

Comentarios