Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:10
19/06/09

Infamia

As verdades como puños de José Luis Louzán

Estaba enfrascado nisto de pensar, nisto de valorar que seria mais positivo para min e para os que me len como comentario desta semana, si a igrexa católica partido político, Rouco candidato ¡Xa!, que si subida de impostos, que si guerra do leite cando escoito na radio que ETA volveu matar no Pais Vasco e penso na definición mais axeitada destes e doutros feitos, e sobre na fina liña que separa a loita revolucionaria da estupidez recalcitrante; da Infamia.

ETA non tivo nunca sentido. Non polo feito en si da súa identidade revolucionaria nos anos 60, cando España vivía baixo unha ditadura, senón pola dirección da súa actividade criminal, que penso que esta equivocada e que o estivo tamén entón. Todo se resume na ausencia de capacidade para evolucionar, e neste senso, no inútil da actividade dunha banda de asasinos cando esta non persegue ningún fin concreto. Me explico.

Cando se asume que ETA existe co único fin de defender a independencia como nación de Euskadi, unha nación cunha lingua e unhas institucións, etc,etc, se asume a mesma natureza do erro. Porque a min, a moitos dos que ledes isto hoxe, galegos de nacemento, ou non, pero non vascos nin por orixe nin por tradición, o feito de que o País Vasco sexa ou deixe de ser libre nos importa un bledo. Así, sen mais. Por extensión, en Madrid, en Barcelona, en Sevilla ou Málaga, lugares onde ETA realizou nalgún momento actos criminais, tamén lles importa medio pemento a loita desta xente. Nos da igual. Para ben ou para mal, nin é asunto noso nin o foi nunca, nin o será por moita xente que maten o largo e ancho da península ibérica.

En base a este razoamento, a morte esta maña dun xefe da policía non pode formar parte de ningunha estratexia que defenda ningunha independencia de ningún país. Maís ben, defende un modo de vida, unha posición dentro do crime organizado a nivel mundial, nada que ver con Euskadi, nada que ver coas súas tradicións e aspiracións nacionalistas (mais que lexitimas seguramente). E as autoridades políticas, de aquí e de ala, farían ben en facer que isto quedase bastante mais claro do que esta, cada vez que tres membros da banda (¿porque sempre tres, teñen medo?) coa cara tapada afirman sen poñerse vermellos (ou si, como non se lles ve) que si Euskalerria isto que si Euskalerria o outro. Parvadas. A eles Euskadi lles importa menos que a nos a súa independencia. Hai moito tempo que deixou de importarlles.

Hoxe faleceu en atentado terrorista Eduardo Pueyes García, axente da Policía de 49 anos de idade. Unha bomba lapa. Niso consiste a infamia. Descanse en paz.

  • José Luis Louzán.

Comentarios