Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:27
28/03/08

Longo Abril de chuvascos

Longo Abril de chuvascos
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

A semana santa mais baixa que lembro rematou. Dado o tempo meteorolóxico e o que finalmente se converteu nuns días de bastante frío e choiva, un xa non sabe moi ben o que pensar.

Si se escoita a valoración do resultado dado pola enesima Mostra do Encaixe de Camariñas da a sensación de que a cousa quedou en dous chuvascos de dez minutos cada un, e polo demais sol, calor, praias abarrotadas e turistas felices.

Si un se queda co manifestado por algúns dos pioneiros do turismo rural radical, a cousa foi pouco menos que a apocalipse turística, e dicir, ceos permanentemente cubertos, fortes choivas continuas, ventos furacanados, etc,etc.

O certo e que para min que nin tanto nin tan pouco, que choveu mais do desexable, certo, que ventou e moito sobre todo o mércores, que fixo, e fai, demasiado frío para estar en Primavera, e que en definitiva, un ano mais, podemos agradecer a Telecinco e Antena 3 polas súas “atinadas” previsións previas a semana santa, anunciando a fin do mundo en forma de temporal. Oe ¿quen será o que lle paga a esta xente para faga eso que fai de dirixir escandalosamente os viaxeiros cara o levante e o sur de España?. Sempre mo preguntei.

Do que nos interesa a min me quedan dúas impresións claras.

A primeira pasa polo dramático da sucesión temporal das cousas. Resulta que esta semana ven o presidente desta comunidade de propietarios chamada Galicia e anuncia, por vez numero dez millóns na historia, que este mércores se licitaba a ampliación da Autovía. Xusto despois da Semana Santa. Autentico, si señor.

A segunda impresión pasa por outra cousa que me reafirma na miña idea de que os encargados de potenciar, afondar, expandir e desenvolver a industria Turística (ja,ja,ja,ja) na nosa bisbarra teñen mais perigo que Espinete nunha fabrica de condóns.

I e que si non é así, si en realidade a estratexia coa que fidelizar e aumentar a afluencia turística na nosa comarca pasa por facer ano tras ano mais do mesmo, coas mesmas persoas a fronte ou case, nos mesmos emprazamentos, en base as mesmas manidas historias, lendas e pseudo tradicións e potenciando os mesmos valores relixiosos e sociais e os mesmos tópicos (Fisterra mar, Vimianzo terra ou Camariñas encaixe, Zas Liño). Si esta é a nosa única base para avanzar, simplemente un servidor pecharía o chiringuito e gastaría os cartos e as forzas en cousas mais constructivas.

Un servidor se pregunta cada día con máis forza a que demo se xoga neste asunto. Porque si eu dirixira a miña empresa como estes levan o asunto turístico pasaría aínda mais fame da que paso. Non se pode admitir que se fale de “ir buscar os turistas os seus lugares de orixe”. Vale listos, ¿en que veñen?, ¿en burra?. Coas vías de comunicación que se estilan por aquí mais lle vale a algún. Ademais, tendo en conta que no verán non temos onde meter o persoal e que no inverno morremos a asco ¿e que resulta tan difícil de entender que o persoal non quere vir en inverno aquí a nada?, ¿e que non lles cabe na cabeza que así, nestas condicións e imposible levar adiante estratexia ningunha?, ¿pero exactamente que broma é esta?

Por min, cando vostedes queiran eh, sen presa, eu comezaba a meter denuncias por estafa e apropiación indebida. Pero bueno, oe, sen presas. Total para o importante que nos parece a todos este asunto do turismo...¿ou non?

  • José Luis Louzán.

comentarios