Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:14
25/07/08

Mentirosos

As verdades como puños de José Luis Louzán

Ou mentireiros, falaces, incertos, ou cantos sinónimos se lles ocorran a vostedes. Hoxe quero falar sobre este fenómeno integrado nos usos políticos dende tempo inmemorial e que acada incluso forma de modo de actuación cando falamos de algo como a política local, tan cercana o cidadán.

Estas pasadas semanas preguntei moito a un político céense, membro do goberno, por una situación que me afectaba a min e a moitos e que eu considero positiva dentro do negativo. Resulta que as obras que se deben realizar aínda na praza do Mercado de Cee van motivar un desprazamento de parte dos postos do mercado dominical cara a zona da Alameda en Cee. Estas obras ían comezar este mes de Xullo (ían comezar antes pero coma sempre laranxas da china) pero parece que finalmente non vai ser así, polo que o cambio de ubicación de esa parte do mercado queda aprazada ata o inverno.

Partindo da base de que eu considero que o Mercado en Cee é un inútil e baldío intento de facer negocio, innecesario e terceiro mundista, negocio so para supermercados e dous ou tres tendeiros que ademais nin son da bisbarra, deixando a un lado, digo, esa opinión particular, o máis vergoñento do asunto pasa pola reiteración na mentira de ese político local.

Reiteración porque se lle preguntou máis de tres ocasións no prazo dun mes e nas tres ocasións xurou e prometeu, tal que calquera San Pedro de pacotilla, que o cambio de ubicación se ia producir no verán. Reiteración e escarnio o manter unha mentira que nin el mesmo cría, unha mentira baseada en ningunear o administrado, en ignorar os intereses dos veciños en prol dos intereses do alleos. Unha mentira nacida do costume de mentir, de falsear, de enganar e de menoscabar a credibilidade dos políticos locais e na política local. Unha mentira nacida da prepotencia e do escaso interese, porque non dicilo, dos veciños en facer cumprir as súas promesas os gobernantes.

Agardo aínda, son así de idealista, que a palabra dada sirva de algo e que esta vindeira fin de semana se produzan movementos que leven a ese agardado cambio. Dubido moito que así sexa a estas alturas de mes de Xullo pero que non se diga.

Non quero deixar pasar a oportunidade aínda que seguro que falaremos deste asunto mais adiante de reclamar xa dende este foro que tanto me da a cotío a necesidade de devolver algo a alguén. Este luns falecía os 73 anos de idade Francisco Corbelle, mais coñecido por todos como “Fuco”. Empresario, político dos que non quedan xa, ex-presidente do U.C. Cee e da Ria Media, mítica asociación cultural da vila. Prohome e fantástico persoeiro que, penso eu, merece que o seu pobo lle devolva algo do moito que dou. Así que dende aquí reclamo para cando os prazos legais o permitan que se lle dea o nome dunha rúa da vila o de Francisco Corbelle “Fuco”. Demasiadas rúas alfabéticas rúa M, rúa L e etcétera e poucos recoñecementos a quen o merece. É o xusto.

Por certo, porque non quero esquecelo. A vindeira semana falaremos dos caciques e delincuentes que se esconden trala liberdade de prensa para facer o que lles prace e manexar gobernos locais a vontade. A próxima semana... (xa parece isto o Tomate).

  • José Luis Louzán.

Comentarios