Xoves. 18.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:26
07/05/10

O Circo das Pulgas

O Circo das Pulgas
As verdades como puños de José Luis Louzán

Vexo os titulares “Pánico en Wall Street”, “La bolsa de Nueva York provoca el terror en los mercados”. Resulta cuestionable o uso e abuso de certos calificativos en prensa, perseguindo certo efecto no lector, pero a min particularmente me resulta simpático ver eses calificativos cando falamos de algo como A Bolsa.

Toda a semana levamos lendo, escoitando e vendo como os analistas, brokers e demais fandangas, millonarios relacionados con ese xogo de compras e vendas que se chama mercado de valores, amosan a súa preocupación porque, de novo, foron polo vater a Baixo un numero indecente de millóns de euros, caidas históricas e demais. Un mundo que me importa un pepino a min e o 99,9% dos habitantes do país.

Hai moito, moito tempo que quedou claro que o mundo non se divide en clases coma o coñeciamos. De feito, queda claro que a clase media desapareceu, que os pobres xa non son pobres senon miserables e que a clase política o é, unha clase, por dereito propio e fora de ningunha ley, de ningun control e de ningun asomo de responsabilidade. Pero hai mais.

Esta a clase que manda. Banqueiros, contables de banqueiro e grande empresa e multimillonarios en xeral, ocupados en grandes operativos, na bolsa e en non perder nunca xamais, sexan as que sexan as circunstancias coxunturais que nos afecten os demais. Xusto debaixo deles os políticos, amigos e o mesmo tempo deudores deses bancos e con patente de corso para xestionar o noso futuro, o noso presente e sobre todo a nosa vontade a discreción, sen pedir permiso e contra todo sentido común… pero co beneplácito da clase dirixente, da que se preocupa polo que pasa na bolsa e que, o tempo, opera e controlo os medios de comunicación nacionais para poder continuar placidamente no control das nosas vidas.

Por ultimo, nun “totum revolutum” sen xeito nin forma estamos nos, os pobres condenados, as pulgas do circo, as veces protagonistas pero que habitualmente ninguen ve, pezas dun grande axedrez a disposición da elite dirixente, sen voz nin voto, contra o que moitos podan pensar. Disenos que pensar, disenos onde traballar, que é o mais interesante para nos e sobre todo qué non debemos crer nin facer baixo ningun concepto. Estanos prohibido pensar por libre, meditar sobre a nosa vida, poñer en dubida o noso modo de vida e cuestionarnos si os que mandan fan ou non o correcto co poder que lles foi outorgado (ou que se arrogaron sen permiso).

Pulgas do Circo das pulgas, as veces invisibles, as veces asombrosas, convencidas de que mandan nalgo cando non teñen maior valor que como forza motriz e laboral sen dereitos. Escoito asombrado a un presidente falar de apoiar a Pymes e autónomos mentres todo se afunde o meu arredor. Río e prendo a televisión. Novas de pánico en Wall Street. Un banco anuncia ganancias de oito mil millons de euros o pasado 2009, en plena crise mundial. Zara abre novas tendas por doquier mentres manda a Marrocos a súa producción, PP e PSOE incapaces de entenderse nin para dala hora. Galicia, España, estado laico. Misa as 8, misa as doce, curas na televisión falando da x.

O Circo das Pulgas segue de xira. Pasen e vexan.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios