Martes. 17.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:57
09/10/09

Perversión

As verdades como puños de José Luis Louzán

Esta foto ilustra, para min, ben as claras o desastre de non gobernar, a ausencia de autoridade, de respeto, de “sangue” nas veas dun dirixente. Iso que se pode observar, esas dúas formas de cor escura sobre as baldosas, son Ratos. Ratos de tamaño XL, que aboiaron a beirarrúa no momento no que a auga rebordou no primeiro chaparron coma é debido en dous meses. Ratos, mais de un e de dous. A neglixencia feita realidade. O desentendemento feito lastimeira evidencia. E isto cun chaparronciño de dez minutos, ¿e cando caia durante seis meses coma, por exemplo, no 2000?.

Pero a foto non serve para moito mais que para ratificar a realidade dun feito que nesta semana, con diversas caras, se ven manifestando no noso día a día. A perversión, presente na política, presente na banca, na actualidade e no noso entorno mais cercano. Perversión real e palpable. Exemplos.

Dende hai uns días naceu na Coruña un estúpido debate sen fundamento nin base algunha sobre si a cidade se chama dunha maneira ou doutra. Non vos negarei que me preocupa o debate, mais que pola súa razón principal, polas causas subxacentes que arrastra e que me parecen ben mais graves que si a cidade vai ou non con L diante da A. Chamádelle Coruña e calade a boca, diría o paisano. Non é tan fácil. Resulta que o abrir este debate “menor” para moitos, ábrese tamén outro, tan importante ou mais que este é de raíces mais profundas. O debate real parte desta pregunta ¿porque debo eu respetar a lei si esta non me respeta a min?

Quen di “a Lei” de xeito abstracto, pode dicir as institucións levantadas para facelas cumprir. Concello, Parlamento ou Congreso e as súas armas executoras, a Policía e a Garda Civil. ¿Porque debo respetar a lei si nin sequera aqueles que a dictan e a escreben, por exemplo a referida a que os nomes das vilas e cidades en Galicia son en Galego, o fan?. Si, é certo, o debate das leis axuda a reformalas si estas están equivocadas, e a rectificar erros que na súa tramitación ou redacción puideran terse producido... son, digamos, “manobras de reaxuste” para afinar o texto. Vale. Pero do mesmo xeito eu, ou calquera, aquí e do mesmo xeito interesado e ruín que se abriu este debate podo igualmente abrir outros coma por exemplo;

¿É necesaria unha clase política?, ¿Que condena debe recibir un político do que se demostre que foi corrupto ou malversador?, ¿Seria interesante que se castigase con cadea perpetua ese tipo de delitos?, ¿sería interesante condenalos como “de alta traizón”?. ¿Porque non cesamos na recadación de impostos a parados e autónomos que cesen a súa actividade?, ¿porque non podemos conducir pola esquerda como no Reino Unido?, ¿que ten de malo facelo borracho?, ¿porque non podemos consumir drogas duras, cocaína ou heroína na rúa?, ¿a santo de que debe estar prohibido fumar en Hospitais ou Escolas Infantís?. A lista de tonterias pode ser interminable.

Pero o certo é que non ten nada de estúpido abrir o debate sobre a toponimia en Galicia. O certo é que resulta moi útil. Non hai coma escoitar algunhas respostas a este respecto para descubrir a verdadeira natureza das persoas. É poñelo micrófono e sae unha ou outro dicindo algunha parvada iletrada sobre que “a mi me gustaría mas que fuese como siempre, claro” ou “¿Y como se va a decir?, en Gallego¡¡¡¡”. Este é o país no que vivimos, estes son os nosos veciños. Así de mal esta a cousa...

  • José Luis Louzán.

comentarios