Martes. 23.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:12
01/08/08

Todos teñen un prezo

Todos teñen un prezo
As verdades como puños de José Luis Louzán

Ata o ano 99 existía na nosa bisbarra un corse de enormes dimensións. Un corse, un deses aparellos que apertaban as cinturas das mulleres en tempos para unha beleza efémera e dolorosa. Ben pois un deses aparellos constriñia a posibilidade dunha liberdade de prensa autentica na comarca, sobre a base, tan habitual en Galicia, de que unicamente un medio de comunicación se preocupaba con certa intensidade de saber de nos e contárnolo a todos.

Este medio levaba tantos anos actuando en solitario que co nacemento de outros medios case se volve tolo. Entroulle un “non sei que” que levou en varias ocasións os seus xornalistas a comportarse coma infames fantoches, a actuar baixo o palio da famosa frase (“usted no sabe quien soy yo”) e a faltar en demasiadas ocasións as máximas mais evidentes da acción informativa; a contrastación das novas, o recurso as fontes orixinais, o dereito de replica, e separación do que é información do que non o é....

A impresión inicial de moitos era que o motivo de tantas faltas a unha ética e moral xornalísticas básicas viña dado pola aparición de esa competencia, unha competencia inédita e que ademais se multiplicaba coma os fungos na humidade exponencialmente. Primeiro unha emisora de radio, despois outras, despois mais xornais, e mais interese doutros xornais antes so preocupados pola capital de Galicia ou pola provincial. Pero no.

Co tempo moitos descubriron, outros confirmamos, que simplemente é así coma se comportan. É así como mercadean, como manipulan. É así coma compran vontades, compran prioridades, negocian e intercambian novas por publicidade. Chantaxean así, manipulan así e ameazan así. E a base de fotografías vergoñentas e imperdoables, puro mercantilismo que so busca vender xornais sen mirar nada mais, están a conseguir que moita mais xente saiba cal é o pau deste “medio de comunicación”.

Haberá moitos malos, mal dirixidos ou mal executados. Con profesionais pouco cualificados ou sen preparación. Pero so este é capaz de comportarse dun modo tan miserable que faga que esta insensible comunidade na que vivimos se exprese coma o fixo hai uns días. En privado claro, pero con malestar por determinada foto evidentemente prescindible.

Estes son os da liberdade de prensa. Ou mellor os da liberdade de calumnia. Que Deus nos colla confesados.

  • José Luis Louzán.

Comentarios