Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:19
28/06/08

Tórrido verán

Tórrido verán
As verdades como puños de José Luis Louzán

Cada ano, cando chega o calor, parece que determinados dirixentes sofren esa alza das temperaturas en plena materia gris. Se toman decisións, se fan declaracións ou se emiten ditames a cada cal mais delirante. Cada ano é igual, así que todo fai pensar que este será similar.

Espero polo tanto que sexa cal sexa o dislate deste verán, a cousa non pase de simple tontería, porque en demasiadas ocasións estas decisións a destempo acaban ocasionando problemas que se estenden no tempo de xeito case indefinido. Non quero aquí dedicar demasiadas liñas a esto pero unha obra de Casa de Cultura a destempo e sen cartos segue lembrando os Ceenses, por exemplo, que pasa coas decisións a destempo, e cos calores do verán petando na testa.

Moitos se poden estar preguntando a onde quero chegar, pero esa non é a leria de hoxe. Con dicilo chega, e a bo entendedor poucas palabras bastan.

Ademais esta semana nos deixa outra decisión que ven moi o fío de algo que dicía eu a pasada semana. As multas millonarias están ben. Cando unha grande empresa comete un delito, un servidor e o primeiro en subirse o carro dos que solicitan xustiza e non que o rico, coma soe pasar, quede impune. O dramático desta multa, da desta semana, é que un servidor non ten tan claro que o que debe pagar sexa o maior responsable do desastre.

Dáme a sensación, e teño informacións moi contraditorias o respecto, de que dentro dos vixiantes existen ovellas negras. Houbo, seguro, persoas que non fixeron ben o seu traballo na administración, e aínda mais. Esta multa da a sensación, polo rápido e polo contundente, de que quere ocultar algo moito mais grave, algo como a ineptitude e a falta de responsabilidade dos mandos públicos do pais. De aqueles que deben vixiar as galiñas e que se mostran mais raposos que nunca.

Son os efectos do calor a destempo, do calor que fixo en setembro e outubro pasado. Do calor que vai facer este verán. As malas decisións, con calor, son peores. Parecen decisións gratuítas.

  • José Luis Louzán.

Comentarios