Xoves. 18.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:58
02/10/09

Unicamente naquel lugar

Unicamente naquel lugar
As verdades como puños de José Luis Louzán

Quen nestes días pasee pola fantástica e carísima nova praza que estrea dende hai uns meses o Concello de Cee na zona do Concello atopara situadas o pe das prazas de aparcamento dous sinais de zona azul. Dous sinais que indican que, nalgún momento nas vindeiras datas vaise cobrar o estacionamento nese lugar. Un adianto, dirán algúns, un gasto, dirán outros, un atraco indicaran os últimos. Eu, vouno dicir xa de entrada, estou a favor... pero con matices.

Cee vive unha reordenación urbana salvaxe dende hai mais dunha década. A razón primordial, dígase o que se diga, foi beneficiar a un grupo minoritario de particulares (negociantes, promotores e empresarios) ofertándolle unha situación xeográfica privilexiada aos seus comercios ou propiedades (a que sitúa o Centro Comercial como “o centro” da vila) a base de reordenar unha zona que, ben e verdade, carecía da mais mínima urbanización, colocando o redor dese suposto “centro” todos cantos servizos esenciais fora preciso ata conseguir que so as propiedades inmobiliarias sitas nese lugar gozaran dun valor moito maior e distintivo con respecto as do resto da vila. Isto é así, aínda que se argumente en contra que non son tan listos os implicados. Ben, eu digo que si o foron, e a proba se sustancia na citada praza.

Co fin de, supostamente, “humanizar” unha praza ateigada tradicionalmente de coches se teñen soterrado nesta praza cartos e mais cartos ata conseguir un entorno libre de vehículos (semi-libre, engado eu) e con certo carácter publico (bancos onde sentar, iluminación artística, tal vez unha fonte...). Un espazo nada versátil, que so serve a ese fin suposto de poder estar nel, soltar os nenos sen riscos de atropelo e facer mais interesantes os negocios que rodean o espazo, que antes custaba un ollo da cara e agora... custaran os dous, supoño.

Pero éche aquí que a crise, que a todos confunde pero que fai “flotar” ata a ultima pinga de lixo que quedara no fondo, fai posible regular de xeito realista o espazo de aparcamento. Onde antes non ia haber coches, ou so de paso e a velocidade mais que moderada, agora, directamente, van aparcar pagando. Onde “humanizabamos” agora “humanizamos pagando”, dando pe a pensar ¿porque non se fixo o mesmo, por exemplo, na Praza da Constitución?. O espazo xa estaba humanizado por unha rúa peatonal, debidamente acotada con maceteiros de forxa ornamental, ten arbores centenarias propias, sen necesidade de poñelas novas, e aínda así se ve obrigada a sufrir o constante paso de vehículos de tódalas clases e a todas as velocidades. Aquí, ademais, onde si se celebra o mercado dominical sería fantástico poder, por exemplo, acotar unha zona a veciños e residentes para que aparcasen o seu vehículo sen problemas e con garantías, sacando do centro de Cee unha boa parte do trafico antinatural que soporta a diario. Pero no....

  • José Luis Louzán.

Comentarios