Venres. 15.11.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:11
15/09/10

Vacacións

As vacacións Marbellies da primeira dama dos EE.UU motivan un desplegue informativo que a moitos parece paleto e a outros, como pouco, innecesario. Cámaras, xornalistas, centos de medios de comunicación, atentos a si a pobre muller come un xeado ou si levanta a man, ou si a baixa, nunha orxia de minutos de televisión innecesaria para a maioria. Estamos no veran e tampouco hai moito mais que contar, din os entendidos. Sera iso.

Pero hai algo máis. Algo natural do ser humano, non dos touros, e que nos supera en demasiadas ocasions cando se trata de aplicar o raciocinio a nosa relación social cos veciños; a envexa.

Confeso que Michel Obama me produce envexa, non só polo lugar da súa visita senon tamen porque ela pode e eu non. Algo parecido o que me pasa cos Reis en Maribent, Mallorca. Neste caso, o da familia real, a envexa e dobre porque esas Vacacións que se pegan, ademais, as pagan cos meus cartos e cos de todos. A primeira dama dos “estates” non. O mellor por iso me da igual.

A envexa pode estar detrás de moitas das miñas criticas deste ano. Envexo o ben que o fan os políticos noutros paises, noutras cidades e Vilas. Envexo o modo en que Alemaña sae da crise coma un tiro mentres aquí o peor parece que esta ainda por chegar. Envexo os sistemas de protección cos que contaron no seu día os comerciantes locais en, por exemplo, Ribadavia e Allariz. Aquí, preferimos gastar en “rabos de peixe”.

Me produce unha envexa enorme o xeito práctico no que os políticos locais en Cee durante xeracións, executaron coma auténticos reloxeiros suizos un sistema de xestión practico ata o extremo. Unha practicidade que motivou, xunto a outras cousas, que a localidade pareza unha “anormalidade económica”. Nunha comarca casi exclusivamente agrícola e pesqueira, Cee se basa na industria pesada e no comercio. Se basaba perdón, agora nos basamos en “charlas con dous panadeiros”.

Hai nove anos a tendencia cambiou. Cambiaron as decisions practicas polo dispendio. A festa sobria escollendo ven as atraccions polo puro estrago de cartos a mansalva. Cambiouse unha política de solucions e avance por outra de apoio a amiguetes e obras faraónicas interminables. Cambiouse o facer as reparacions xustas e necesarias polo levantamento de prazas que ninguen pediu (ui¡, perdón, ninguen salvo os maiores beneficiados, claro).

Envexa polas Vacacións que os demais faran e que un non pode. Envexa polas Vacacións dos membros dun goberno encantado de coñecerse. ¿A austeridade? ... a volta, en setembro.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios