Luns. 14.10.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:35
08/01/08

Verdades como puños: Unha breve introducción

Verdades como puños: Unha breve introducción
As Verdades como puños de José Luís Louzán

Xa sei que non son ningún descoñecido. Sei que cando unha persoa se expón a luz publica durante anos coma eu fixen, o mais probable e que consolide unha lista igual de amigos que de inimigos. Sei por propia experiencia que os inimigos poden ser duros rivais ou simples bonecas de trapo lanzadas por persoas mais listas e preparadas. E sei tamén que os amigos deben ser poucos pero fieis e insubornables, de mente limpa e aberta e a poder ser bos. Sei ben todo iso pero a pesares de, e mais ben, por estas mesmas razóns, non me gusta quedar calado. Quepasanacosta.com dáme a oportunidade de expresarme e despois de rexeitar algunhas oportunidades coma esta creo que xa é chegada a hora de deixar fluír este torrente de ideas e de expresións, esas que me fan famoso, esas polas que moita xente non comparte que eu me exprese, e pola que a maioría lle importa un pemento que o faga.

Así que nada, aquí estou eu para dar a miña opinión, que as veces coincide e as veces non co que a maioría pensa, pero como tampouco son home de maiorías, pois case da igual que se coincida ou non. Para os agoireiros do desastre, non estou aquí reeditando antigas colaboracións na prensa escrita. Estou mais ben para rebater parte de aquelas diatribas, e para corroborar outra parte, a que dicía que vivimos nun recanto lamentable da costa galega, onde os mandatarios toman decisións cruciais despois de pantagruélicas comidas de seis horas, en total estado de embriaguez. Estou aquí para corroborar que esas decisións son, non so, prexudiciais para a maioría senón tamén aceptadas sen demasiados reparos por esa famosa maioría. E tamén para deixar claro que en ningún caso os responsables de esas decisións erradas foron nunca xulgados coma responsables de tomalas, e moito menos das consecuencias nas que derivaron.

¿Que si bou a identificar a eses responsables?. Noooo, nin tolo. Aprecio moito a miña vida, a miña tranquilidade e a miña saúde. E eu si sei que non vivimos nun territorio democrático e en liberdade. Non vou cometer o erro de deixar en bandexa a mais de catro politicastros de terceira a oportunidade de atopar un chibo expiatorio para cando rematan coas escusas pola súa ineptitude. Mais ben tratarei de identificar os problemas. Busquen vostedes os culpables. Non é tan difícil, e ademais vivimos nunha vila pequena. Nunha pequena comarca e nun territorio pequeno e escasamente habitado. Imos probar a dicir verdades como puños, e haber que pasa. “Here I am” que diría Roosevelt. E moi boas. Aquí comeza a miña colaboración, agardo que semanal, en www.quepasanacosta.com.

  • José Luis Louzán.

Comentarios