Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
19:08
03/07/09

Xeración nada

As verdades como puños de José Luis Louzán

Pensaba onte nas razóns polas que o pobo Estado Unidense se comporta do xeito que o fai. Os que me coñecen saben da miña interese pola historia dunha nación feita a si mesma, nun tempo no que o normal e que calquera asomo de pensamento individual, mais aló da nobreza ou da clase dirixente local, era ou ben reprimido coa morta ou ben ignorado sen mais. Moitos historiadores teñen considerado crucial o feito de que fosen persoas feitas así mesmas, comunidades de colonos nacidas da nada as que primeiro amosasen o mundo o que se pode facer cando as ideas de liberdade, autoxestión ou independencia se converten en liñas de acción de todo un pobo. E nese senso comprendo a que esa prepotencia, esa displicencia polo resto de países, sobre todo europeos, a hora de negociar co “imperio” o que sexa menester. Os Estados Unidos, tiranos do mundo actual, so forman parte do devir dunha historia, a humana, que vive momentos cruciais.

O porque destes pensamentos pasa pola actual situación propia. A total pasividade, o descreimento cidadá e a displicente monotonía na que vivimos envoltos non son mais que unha consecuencia de algo, non unha imposición. Somos unha xeración estraña, dentro do normal devir da historia en España. En mais de cinco séculos, por primeira vez, unha xeración enteira, aquela que agora cruza entre os trinta e os corenta anos de idade, non soubo en carne propia nin de guerras, nin de fames mortais, nin de epidemias absolutas. Por primeira vez, esta xeración, agora no cumio do goberno ou a un paso de chegar a el, non soubo do odio por ideas, da represión franquista, da emigración masiva fuxindo da miseria ou do analfabetismo. Temos referencias, si moitas, de pais e abos, de libros e mestres que por activa e por pasiva nos dan mil e un exemplos do que aquí sucedeu. Temos novas nos informativos sobre mortos nas cunetas, represaliados, exiliados, mortos de fame, gripes arrasadoras. Pero nada diso sufrimos, nada de xeito definitivo.

Somos a primeira xeración en suposta liberdade, a primeira que foi a escola e completou integramente todos os ciclos (os que souberon) do ensino academicista. “Parvulitos”, EXB, Bacharelato e para moitos universidade, todo gratis ou case, todo sustentado no estado de dereito e na liberdade democrática. Por primeira vez. Somos o primeiro grupo de privilexiados, a primeira fornada de cidadáns saídos pura e duramente do ventre do sistema. Tal vez por iso somos tan inmensamente pobres de ideas e espírito. O mellor, por iso, somos tan incapaces de ver en que se converteron os ideais de aqueles Cuáqueros, Baptistas e Protestantes que no século XVIII escribiron que “Todos os homes teñen dereito a vida, a liberdade e a busqueda da felicidade” ou que por boca de Thomas Jeferson afirmaron que “A arbore da liberdade debe ser regada de cando en vez co sangue de patriotas e tiranos. Ese é o seu abono natural”.

Non sabemos nada da paz para saber o que significa unha guerra. Nada sabemos da fame para entender que quere dicir a opulencia e o despilfarro.

  • José Luis Louzán.

comentarios