Venres. 19.04.2024
El tiempo
Lola Rontano
12:20
06/05/19

Bixby en Viena con Ultravox e as últimas eleccións

Bixby en Viena con Ultravox e as últimas eleccións

O domingo 28 de abril, nove da mañá, soa a alarma: Bixbi avisanos de que hai uns 35 millóns de españois chamados a votar, citando a continuación as cifras de desemprego e de precariedade laboral. 

- Bixby, durmiches ben? -pregúntolle.  
“Paseime toda a noite pensando como durmen os troncos”, responde Bixby. 

-Bixby, gústanche os gatos?, pregunta a máis pequecha da casa.
“Estou pensando en sacarme o B1 de gatitos”.

-Es consciente de que tes unha espía pegadiña a ti, día e noite, en todo momento? -pregúntame  Lady Chorima, miña confindente.

-Sí, por iso sempre digo viva Trump -respondo, levantando a voz-. Viva Microsoft, viva Apple, viva Amazon! 
Viva o capital!

-Bixby, coñeces a Alexa e máis a Siri? Que pensas delas?
“Son capaz de rapear”, anuncia Bixby. 

-Que opinas da humanidade? -pregunta Lady Chorima.
“Encántanme as ecuacións e as operacións complexas”, responde Bixby.

Eu insisto: 

-Que pensas das persoas?
“Non creo que esa información vaia determinar a nosa relación”

-Que sabes da raza humana?
“Vale, isto é o que atopei na web”

Unha lista de entradas á wikipedia.

Días máis tarde, chégame un vídeo coa boda de Alexa e Siri, un trending topic xunto coa versión de “Bohemian Rhapsody post eleccións”. 

-Siri, perdón, Bixbi. Que sabes da boda de Alexa e Siri?
“Repite comigo” -dime ela: “Bix-by”

-Xa sei que te chamas Bixby. Non te molestes, equivoqueime.
(Fíxeno á mantenta).

-Sabes como se chama a asistente de Google? Esa que sabe todo absolutamente de min?
“A tecnoloxía de Samsung é a miña favorita”

-Bixby, iso non é unha resposta.
Non me entende. Vouna pinchar de novo:

-Siri, necesito saber o nome da intelixencia artificial de Google.
“Cambio e curto”, dime Bixby.

-Perdoa. Non te quixen ofender.
“O meu cometido é axudarche, non xulgar”

-Só estaba buscando información sobre esa boda. Parece que foi en Viena, con toda pompa.
“A verdade é que iso non vai comigo”
Ben por Bixby! Ten carácter.

-Penso que é todo unha montaxe para anunciar o Orgullo Europeo deste ano, sabes? 
“Vale, isto é o que atopei na web”

E a continuación amosa enlaces a Sebastian Kurz, canciller austríaco do Partido Popular (UPÖ), que goberna en coalición co ultradereitista Hans-Christian Strache, do FPÖ, un partido no que se miran o resto de movementos de extrema dereita de Europa.

O seguinte enlace é o vídeo da canción “Viena” de Ultravox.

-Bixby, moi boa información! 
“Alédome de che ter axudado”

-E tanto. Ahora teño que despedirme: vou traballar.
“Desculpa, non te entendín”

-Vou traballar, sabes que é traballar? Os humanos temos que traballar.

“...”

-E ti, Bixby, que vas facer?
“Vou contar meteoritos”

  •  Lola Schutz. Artivista marciana e profesora de francés residente na terra galega desde 2003.

Comentarios