Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ao norte das Malvinas

Ao norte das Malvinas
Estou decepcionado. Pensei que os arxentinos aprenderan a respectarse. Quero dicir que é lóxico pensar que logo de sacarse de encima aos milicos da seita videliana terían unha visión máis clara do horizonte. Bueno, falleille feo, che. Equivoqueime. Quizais por ser fana dos “Rojos” e incha a matar da acolledora anfitriona doña República Arxentina. Os galegos de Fisterra somos os menos preparados para aguantar ataduras que che deixan indefenso cando os ventos sopran en contra. Somos mariñeiros testarudos. No noso oficio o mar é un compañeiro de fatigas. Non é un adversario. Non é un inimigo. Estou acá abaixo porque o meu barco mercante de transporte Illa dos Estados foi torpedeado, na noite, pola fragata HMS Alacrity en flagrante violación do dereito internacional. Aínda que a miña vida terrenal como Manuel Olveira Traba cortouse aquel 10 de maio de 1982 tratei de seguir os acontecementos diarios na miña segunda patria ao estar alí a miña familia. Téñoos sempre comigo. Recordo o ilusionado que estaba cando cheguei a Lanús con 23 anos. Malia a distancia sigo mantendo no nariz aquel delicioso olorcito do asado estival nas parrillas do querido Finisterre en Florencio Varela. As instalacións recreativas foron bautizadas co nome de Ara Solis en homenaxe ao promontorio pétreo que se eleva no cabo como unha barreira que amaina os máis fortes temporais. En todos os barrios de Avellaneda respirábase esperanza. O laburo permitíache aforrar uns pesos para comprar un terreo onde levantar a casa para os pichones arxentinos. Eramos unha gran familia. Axudabámonos. Riámonos xuntos. A palabra depresión non estaba no noso vocabulario. Véxoos con cara de sorpresa. É evidente que están abatidos e descolocados. Úneos unha dor común pero con diferente carga emotiva sobre o sucedido. Hai dous grupos claros. Queren que sinale aos votantes de Macri? As miradas non enganan. Acá abaixo tiven tempo para analizar un pouco o comportamento da clase media porteña nos últimos 30 anos. Antes se cinchaba para progresar. Agora coa adhesión de moitos cidadáns á seita macricida substitúese o esforzo polo desprezo aos que están peor que nós. O que se envelenou coa pichicata do Gordosorete convértese en adorador sumiso dos exportadores de soia que son millonarios porque tiveron sorte. Teño a certeza de que varios de vostedes repetían a insensatez (é dicir, pelotudez, para que entendan) de que ao sacarlle os impostos favorécese as exportacións. Sento moito que sexa esta tráxica circunstancia a que nos reuniu. Agora é tarde para arrepentirse pero esta ofensa do goberno abriralle os ollos ás vosas familias. Infórmolles de que se abandonou a procura porque non queren recoñecer de que o submarino participaba nunhas manobras ou exercicios militares conxuntos con terceiros países sen a pertinente autorización parlamentaria. Para maior desgracia vosa, xusto alcánzaos un torpedo da Royal Navy. Si os saca de acá descóbrese a gran foda. Morreron como consecuencia de meter a gamba nas urnas. Elixiron a un ex contrabandista con intereses coimeros asociados ao escuro Lewis na Patagonia. Impórtalle un carallo as vidas de 43 mariñeiros e unha mariñeira. Vostedes son parte dos graxa aínda que voten en contra dos graxa. Quizais algún xustifique o asasinato de Santiago Maldonado. Espero que o sacrificio non sexa ao pedo. Quero dicir que o sufrimento das familias sirva para abrirlle os ollos. Espero que non se resignen e que non digan, compunxidos, que foi obra do destino. O autor da vosa traxedia ten nome e apelido. Por certo, fai uns días estivo acá cerquita, en Neuquén. Viño a descansar logo dun ano repleto de activa asquerosidade macrista. Déixoos meditando. Pídolles que presten atención á seguinte frase do poeta francés René Char: Vivir é obstinarse en consumar un recordo. Ata a próxima reunión mándolles os deberes, non obligatorios, de analizar o que di Char. O que o desexe comentará sobre o significado. Se cadra logramos emocionarnos en hermandad ao recordar o amor, a familia ou a paisaxe que marcou a nosa infancia. Chau, tenente Eliana e demais tripulantes do ARA San Juan. Vémonos a semana que vén.
  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios