Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Cartas do Avó Pascasio: O moi indigno goberno macrista

As Cartas do Avó Pascasio: O moi indigno goberno macrista
Moi querida neta Cristina: A verdade é que estamos preocupados e decepcionados. Os avós emigrantes seguimos en fóra de xogo. Antes a normativa era clara: a máis laburo antes podías ter o ranchito propio. Viñemos ao Río da Prata para darlle un futuro aos descendientes. A nós nunca nos faltou o caldo quente e as castañas naqueles duros invernos con medio metro de neve na porta da casa familiar en Mazaeda. O que está pasando na nosa querida segunda patria é tamén responsabilidade nosa por non saber educar no esforzo a fillos e netos. Fomos demasiado brandos. Agora eles pagan as consecuencias. A nosa suor foi ao pedo si os herdeiros tolean detrás de banalidades. Algo fixemos mal ao deixalos indefensos diante dun delincuente que os convenceu de que si teño poucos dólares no peto é por culpa do graxa da esquina que cada domingo enche a parrilla de carne de tenreira con chorizo de roda. É moi doloroso, Cristina. Pártesenos o corazón ao ver que os engrupieron con tres boludeces na tele. Equivocámonos ao crer que con darlles educación estaban a salvo de meter a pata como nos pasou aos que emigramos a un lugar afastado con escasos coñecementos de lectura, escritura e matemáticas. Deixáronse arrastrar polas puteadas contra ti no canto de analizar o seu bo estado de saúde económica logo dunha década de goberno honrado. Agora andan como can en cancha de bochas. Reciben golpes por todos lados. As patadas proveñen do equipo delituoso que puxeron á fronte do país. Andan co orto feito bolsa. Tratan de pechalo pero trémelles co temor de que sexas senadora en outubro. O máis desconcertante é a cornudez dalgúns cidadáns. Insisten en apoiar ao recentemente falecido macrismo xa que como ben dicía Séneca: unha mentira nunca vive ata facerse vella. Os avós emigrantes coñecemos a moitos gobernantes e diferentes correntes de opinión. Definíanse a favor ou en contra de que votasen as mulleres, por exemplo. Agora resulta que os nosos descendientes que nunca suaron un carallo, entréganlle un salvoconducto ao coñecido gran contrabandista para que multiplique o afane ata deixar o país na lona. Queremos saber si o futuro para gañar eleccións é ofrecer grandes premios na lotería aos máis envexosos. Queremos saber se se alegran ao ver que o ministerio de Inseguridade borrou do mapa a Santiago Maldonado. Queremos saber si melloraches ao cambiar o bife de chorizo da carnicería da esquina pola cola de varias cuadras para comprar fideos con desconto. Queremos saber se os dólares que non podes comprar che axudan a gozar vendo como nos dous primeiros meses do ano fuxíronse ao redor de 4 mil millóns. Ao final, antes que despois, volveremos poder sorrir ao ver que nosa querida segunda patria recupera a compostura. O triunfo teu nas PASO marca a caída do macrismo. En menos de dous anos xa está en descomposición. Non é posible unir sen que haxa auga, fariña ou leite. O autoritarismo macrista é un arranxo entre astutos coimeros para convencer aos nabos de que a sorte non é para todos. Un goberno que regala a auga a grupos financeiros internacionais de escuros fondos voitres termina deshidratado. Un goberno que no país do trigo aumenta o pan ata facelo máis caro que en países onde escasea o cereal ten os seus días contados. É inmoral o promover a especulación ao pagarlle 5 pesos por litro de leite ao productor mentres se vende a máis de 20 nos supermercados. Esperamos que algúns esperten e deixen de botarche a culpa a vos polos aumentos. Despídome. Teño que achegarme ao Cine Celestial para ver a grabación de “Son d’Aldea” que nos envía o neto Afonso García Penas. É moi agradable o poder recordar os vellos tempos por medio dunha recreación teatral da vida campesiña en escenarios naturais da parroquia palense de Santiago de Albá. Os protagonistas son os veciños, uns firmes defensores da súa identidade. Espero que Afonso acordouse de mandarnos uns queixos artesanos da Granxa Arqueixal para acompañar a proxección co sabroso produto local. Recibe o agarimo do vello emigrante que non esquece a calor recibida na beira rioplatense. Artigo de Manuel Rivas sobre o Neno do Lobo

Un fragmento de Son d'Aldea

  • - Bos días!
  • - Boas. Xa vedes que vou camiño da festa e levo présa. Quero chegar cedo para falar cun vello amigo que estivo fóra e hai anos que non comentamos sobre o futuro desta nosa boa parroquia.
  • - Moi ben pero teña coidado xa que disque andan os lobos no monte.
  •  - Non vos preocupedes xa que son algo especialista en asuntos que teñan relación co lobo. Aínda lembro coma se fose hoxe -- -e xa van aló case sesenta anos-- - cando un compañeiro meu da escola foi trabado polo lobo ou loba aló enriba perto dun do carreiro que vai a vila.
Foi algo único. Na contorna ninguén tivera noticia de que este animal atacaba aos humanos. O meu compañeiro recibiu 33 dentadas e sen sangue no corpo foi levado polo seu padriño ata o hospital onde lle fixeron unha transfusión. Tiña cinco anos. Non adoitaba falar sobre o sucedido pero tenme dito cando xa eramos mozos que foi coma estar nunha nube. Non lembra que sentise dor. Non sei eu...a cousa non é sinxela xa que pasado o tempo lembramos a nenez sempre chea de alegría. O certo é que meu amigo non fala mal do lobo e tampouco lle ten medo ningún. Di que sería unha loba famenta, miña pobriña, con crías que alimentar. Disque a roupa que levaba foi a diferenza entre vivir ou morrer. O tecido de lá evitou que perdese máis sangue. O instinto de supervivencia fíxolle protexer a cara moi forte coas mans. Cando espertou no hospital non sabía a razón de estar alí xa que chegou sen coñecemento. Lembra que escoitou a voz da nai na aldea antes de perder o sentido. Ben...coido que vos sodes de confianza e non andades con trapalladas. Entón vouvos ensinar algunha das cicatrices. Aquel rapaz son eu. Vide. - Pascasio Fernández Gómez
  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios