Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis

As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis
Ana Miranda na Flotilla da Liberdade cara Palestina

Moi querida neta Cristina:

Quéro contarche o acto heroico que protagonizou unha neta nosa de Cuntis [Pontevedra] que che pasou desapercibido no medio das informacións sobre o cobarde ataque do “trío buitrero” á nosa amada Grecia. O seu nome é Ana Miranda Paz. Coincide contigo nas raíces, en estudar Dereito e en loitar en contra das inxustizas. Acá arriba querémola moito. É o sorriso de Galicia no Parlamento Europeo. Vós ben sabe que nas institucións comunitarias son bastante grises e pouco propensos á expresión de sentimentos.

O corazón de Ana moveuna para embarcarse con rumbo a Gaza. Subiu a bordo do “Marianne” como unha máis da “Flotilla da Solidariedade” co san propósito de levar ás praias palestinas ---Palestina ten un cacho de costa sobre o Mediterráneo--- o agarimo de millóns de persoas que non esquecen o sufrimento dun pobo que leva décadas repartido en dous campos de concentración. O barco da paz foi asaltado por tropas israelís en augas internacionais e levado ao porto de Ashkod. Ana foi detida e logo deportada a Madrid. Por sorte, non houbo violencia. Quizais os militares contivéronse porque sabían que formaba parte da comitiva solidaria un xornalista israelí.

Estarás pensando que non che conto nada novo sobre os ilegais procedementos de Israel. Tenés razón, vos conocés de primeira man o triste caso AMIA que usaron para derrocarte mediante un desgraciado “ñoqui xudeu” que terminou mal ao intentar cagar ao mismísimo MOSAD. Non teñen escrúpulos en coimear a quen sexa ao contar con recursos ilimitados. Na caixa do don Voitre Singer hai guita para tapar todo o que faga visible as continuas violacións dos dereitos humanos dos palestinos. Nos grandes medios non saíu nada sobre Ana e o barco da dignidade. Tamén doe comprobar que desde o Ministerio de Relacións Exteriores pechan os ollos diante do problema.

Bueno, Cristina, si che falo da exemplar Ana Miranda é para pedirche que a recibas cando visite Bos Aires. Logo de outubro estarás un pouco máis descansada, supoño. Pídoche media hora do teu tempo para charlar con ela. Non esquecemento que ao ser a “xefa absoluta do xigante invertebrado chamado peronismo” seguirás ocupada aínda que con menos axenda protocolar. Aproveito para felicitarche por non ir en ningunha lista. Non necesitás protexerche dos falsos denunciantes porque ti dás sempre a cara. Infórmoche que a “Feira do Libro” do ano próximo dedícase a Santiago de Compostela. Se cadra podes dar unha volta para buscar no mapa do meu municipio a ubicación de Mazaeda, a aldea onde comezou todo.

Despídome. Esquecíame de comentarche que o lugar de nacemento de Ana Miranda é moi famoso polas súas augas termais, sulfuro-sódicas, xa apreciadas polos romanos que denominaron á vila como Aqua Calidae. Recibide o abrazo cariñoso do vello fonsagradino que defende con paixón o solar rioplatense no que atopou a felicidade.

- Pascasio Fernández Gómez.


  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios