Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As cartas do Avó Pascasio: Troubled Estafes

As cartas do Avó Pascasio: Troubled Estafes
Moi querida neta Cristina: Volvo agarrar o lapicero. Quéroche recomendar a lectura do libro “Verdade e mentira na política” de Hannah Arendt. Fai uns días que o recibimos por xentileza do neto Roberto Ramos Fontecoba que é tamén o tradutor dos dous textos da recoñecida filósofa alemá que se inclúen nun volume recentemente editado en Barcelona por Páxina Indómita. Considerámolo un material bárbaro para axudarche a contrarrestar o constante lavado de cerebro que realiza o coimero grupo mediático que presta os seus servizos ao réxime macricida. Na reunión de veciños fonsagradinos estivemos lendo o libro. É moi esclarecedor. Ábreche os ollos fronte á manipulación duns medios de comunicación que che lavan o cerebro. Si te cres as mentiras do “Clarinete”, te convertes nun pobre boludo sen razonamiento propio. Esperamos que este ano se lle caia a venda dos ollos ao cidadán que votou a don Mauricio para ter máis alegría no país. Si a clase media recapacita cumprirase o devandito do cardeal de Retz : “Cando os que mandan perden a vergonza, os que obedecen perden o respecto”. Para a filósofa Arendt o lavado de cerebro “é unha peculiar clase de cinismo: o absoluto rexeitamento a crer na veracidade de calquera cousa, por moi ben fundada que estea esa verdade”. É moi interesante a súa afirmación de que “as mentiras resultan a miúdo moito máis verosímiles, máis atractivas para a razón, que a realidade, porque quen minte ten a gran vantaxe de coñecer de antemán o que a súa audiencia espera ou desexa oír”. A vós estas palabras resultaranche coñecidas. Cremos que son moi aplicables á análise do triunfo electoral dun grupo de mentirosos que convenceron a un amplo sector cidadán de que estaban gozando dun benestar que non se merecían. É evidente que a “macrilavadora” funcionou ben de ben. Un exemplo de desfachatez témolo no actual ministro de Enerxía de apelido euskaldun que significa “límites do val”. En outubro de 2015, nun acto público, prometeu que terían electricidade gratuita uns dous millóns de familias de baixos ingresos. Dixo que as ”familias carenciadas” serían beneficiarias dun block de consumo gratuito de 150 kilowatts. Onte, o ex conchudo da Shell, recomendou non usar o ordenador máis de catro horas nin tampouco ver máis de catro horas de televisión. Acá temos a confirmación de que anestesiaron ao cidadán para que se trague o cuentito que sexa. Non hai dúbida de que a miña querida Arxentina está en mans duns degenerados electos democráticamente. Deberán de ser as urnas as que repudien aos inmorales que os estafaron. Despídome. Teño que achegarme ao Cine Celestial para ver a proxección en pantalla xigante dun videoclip que fixeron dous raparigos coruñeses (M.Viqueira e R.Simón) para acompañar con imaxes á canción Troubled Estafes do famoso grupo californiano Green Day. Non é o tipo de música que escoito habitualmente pero adiantáronme que a letra é moi crítica co presidente Trump. Recibe o máis cariñoso recordo do vello emigrante que non esquece os seus felices anos na beira rioplatense.
  • Pascasio Fernández Gómez
 
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

 

Fonte

Comentarios