Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O mar das Malvinas no mes de xuño (VI)

O mar das Malvinas no mes de xuño (VI)
 

Sexan benvidos a este espazo espiritual no mar das Malvinas. Hoxe celebramos a nosa sexta reunión anual no meu definitivo fogar arxentino. Vexo que tedes un forte abatemento. Supoño estades a interiorizar que o goberno, ou mellor dito o desgoberno, non quere quitar quitar o subarino á superficie. Ten que ser insoportable ver como se lles minte aos familiares que se manifestan en Mar do Prata e Bos Aires cunha gran pancarta na fronte: Esperámolos sempre. Escoitar ao sinvergonza do ministro Aguad dicir que “seguiremos facendo todos os esforzos por atopalo e traer aos 44 tripulantes de volta” é unha puñalada. Pídovos que non vos derrubedes. Hai milleiros de cidadáns que non se calan e dóeme velo sufrimento da nai de Fabián Cisneros que viaxou desde Jujuy para estar na manifestación de protesta en Mar do Prata: Pedimos coma sempre que non deixen de buscalos para que finalmente poidamos saber que foi o que pasou. Estou a ver as bágoas de impotencia que saen dos ollos de Fabián. É triste non poder dicirlle a unha nai que nunca nos buscaron e que Macri encobre o afundimento dunha unidade da Armada por parte dos piratas que ocupan as illas Malvinas.

Os altos mandos da Armada son fieles macristas, é dicir, xente sen honor. Ben, coido está todo dito se votaron a Macri. O gran Francisco de Quevedo dicía que “onde hai pouca xustiza é un perigo ter razón”, o cal vai moi ben para a situación actual. Un sector do poder inxudicial exime a Macri de todos os delictos pero ti vas para a gaiola se pegas un papeliño nunha parede no que poña, por exemplo, Macrigato ou Maurimachirulo. Se vos digo isto é porque na Armada andan co contiño de que o submarino estaba en “malas consiciones de navegabilidade”. Son malas persoas que fan o que sexa para seguir cobrando o seu soldo. É evidente a súa insensibilidade diante da dor dos familares xa que lles importa un carallo todo o que non sexa papar cartiños doados. Isto sucede porque varios milleiros de infelices resentidos da clase media envexaban ao veciño que estaba a mellorar o seu nivel de vida. Son os responsables de entregar un salvoconducto para castigar ao que menos ten ao elixir a un contrabandista para poñer na fronte dun equipo de empresarios lacazáns. Saramago dicía que a peor cegueira é a mental xa que fai que non recoñezamos o que temos diante.

A maioría de vostedes e non vos quero ofender, repetíades as boludeces dos medios de comunicación sobre o mal que estaba todo. O dólar a 10 pesos era unha barbaridade. Neste grupo de descerebrados que negaba o benestar estaban os panadeiros. Vendían moito e había consumo. Mercaban uns centos de dólares a finais do mes pero querían un cambio e conseguírono. O cambio inclúe ter que pechar a tafona por non poder pagar as tarifas enerxéticas. Antes amasaban 50 sacos de fariña ao día e pagaban de gas 54 pesos por cen metros cúbicos. Agora elaboran uns 20 sacos co gas a 706 pesos. A verdade é que cambiaron pero esqeuceron que o seu negocio depende tamén do prezo do trigo. Antes o saco de 50 kg custaba 250 pesos e agora anda nos 750 pesos. ¡Sorprende moito tanta imbecilidade! Aquel fachendoso que as sabe todas foi enganado por un alegre fodedor que o deixou sen futuro. É curioso ver que moitos votantes macristas decoñecen a razón de estar tirados no chan. Rínse deles na cara pero non se enteran. A desgobernadora Vidaliña di que ir a universidade é para ricos e acéptano con resignación. Consideran que están dentro do sector superior da sociedade aínda que son dos que rouban a luz mediante un enganche clandestino en Nuevo Quilmes.

Ben, deixemos ao impresentable de don Mauricio. Imos relaxarnos un pouco. Teño unhas ducias de sardiñas fresquiñas na grella para celebrar a inesquecible festa galega do San Xoán. O primeiro son as sardiñas e logo voulles pedir que saltedes a cacharela, tres veces, para afastar as enerxías negativas. Na miña querida vila de Fisterra as sardiñas eran acompañadas con broa (un pan feito só con millo ou cun pouco de centeo) e cando saltabas berrabas forte: Meigas fóra! Aquí o que queira pode berrar Fóra Macri! ou pedir saúde para familia. Agradezo que me honredes coa vosa presencia neste meu humilde acubillo malvinense. Imos cear!

  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios