Venres. 19.04.2024
El tiempo
Mario Maceiras
19:03
02/11/11

Alcaldes lumbreiras

Alcaldes lumbreiras

Recentemente a un alcalde da nosa contorna prendéuselle a lámpada para anunciar unha enxeñosa medida anticrise. Consiste en facer apagar unha de cada dúas farolas do municipio para moderar o gasto enerxético. Non fan falla demasiadas luces para calcular que esta medida se traducirá na metade do gasto en alumeado público, non é?

Pois ben. Ao longo da pasada fin de semana tiven a oportunidade de pasear pola localidade, para darme de bruces coa crúa realidade: Certamente unha de cada dúas farolas estaba apagada, e ás veces nin sequera; Pero só se cumpre esta norma no pequeno tramo do paseo marítimo coincidente coa estrada xeral, a vía peonil máis vizosa e transitada do municipio -e xa que logo onde máis perigosa resulta a falta de alumeado, dito sexa de paso-.

Fóra deste pequeno tramo, todos os fachos están acesos. Mesmo un paseo costeiro polo medio da nada e que leva a ningures está totalmente alumeado alén das 12 da noite. En definitiva: "Apaja o candil, Marica Chus Chus"... pero só onde chame a atención.

O insolvente desta iniciativa aínda vai máis alá. Todas e cada uha das farolas do municipio son bolas esféricas situadas no bordo mesmo do Paseo Marítimo, co que a metade exacta da luz diríxese cara ao ceo en forma de contaminación lumínica, e outra metade da metade remata nas augas, alumeando perpetuamente a lama de tan golpeados fondos. En total, un 75% de luz perdida, ao que hai que sumarlle a luz útil disipada pola superficie translúcida da esfera (do importante aforro que se acadaría con lámpadas de baixo consumo xa nin entramos a falar). A medida proposta, máis que ineficiente, é ridícula e puramente propagadística. Toda unha lumbreira, o señor rexedor.

Mentras o medioambiente e a cacareada austeridade sigan sendo palabras baleiras na boca duns nosos mandatarios só preocupados polo titular na prensa do día, quen pode agardar que os cidadáns tomen conciencia da necesidade de xestionar mellor os nosos recursos?

  • Mario Maceiras: Secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Máis artigos en O Prouxiarado

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Máis novas medioambientais

Vídeos de natureza

Fonte

Comentarios