Xoves. 18.04.2024
El tiempo
Óscar de Souto
07:34
27/07/17

Caso Dunas de Laxe

Caso Dunas de Laxe
As dunas mobiles da praia de Laxe As dunas móbiles da praia de Laxe Multiplícanse as polémicas dende que decidiron agasallar as bandeiras azuis coma quen sementa trigo. Nalgúns casos reciben dúas nunha mesma praia, dúas ou tres. Porque A Salsa e Alba-Sabón ou Salsa-Alba-Sabón é un só areal pero agora con dúas bandeiras, a pesar de figurar na listaxe de plaias con residuos FECAIS (si, fecais, caca). Arteixo paréceme que lle sobra algunha bandeira azul, polo azul, porque tamén a podían poñer de cor marrón. Entre o remate do paseo fluvial e a plaia de Salsa-Alba-Sabón hai un tramo do río Bolaños, con demasiada vexetación, onde “antes” existía unha estación de bombeo... igual hai que buscar alí eses residuos fecais? Ademais de pasar parte da miña vida en Arteixo tamén coñezo moi ben as praias de Ferrol, pois vivín tamén recentemente na fermosa república independente de “Cobas con b”, preto do impresionante e paradisíaco Cabo Prior, por ese motivo, afirmo abertamente que San Xurxo-Esmelle-Fragata-Vilar son o mesmo areal (unha soa praia con tres bandeiras celestes), a falta de unha…. tres. E neste caso concreto merecen tres ou catro ou cinco, porque esa zona é o gran Caribe galego. Cacharela nas dunas de Laxe Cacharela nas dunas de Laxe E indo xa o tema principal que nos ocupa, como poideron vostedes ollar polo titular, tamén desexo opinar da plaia de Laxe por ser esta a que máis preto teño, a uns metros, e por tratarse esta praia dun caso moi especial pois contén un sistema dunar propio e moi complexo. E nestes casos tanto a Unión Europea, Adeac, Deputación, Xunta, Concello, etc, etc, etc, poñen todos eles especial interese na subsistencia do medio moi por riba de bandeiras ou de calqueroutra consideración. Polo que, resumindo a letra pequena, chegamos a conclusión sine qua non de que protexer a duna vai da man da dichosa bandeirola pero non inversamente. En moitos casos desaconséllase que unha praia cun sistema dunar, ou similar, teña este distintivo, salvo que se tomen as medidas axeitadas para manter a salvagardo este ecosistema tan delicado, que esa é unha laboura inxente que vai a requirir do esforzo de todos, cidadáns e administracións. Pois no caso das dunas da plaia de Laxe só as imos poder salvar poñendo unha empalizada como a da fronteira de Ceuta e Melilla. A xente incumple, de cote, tódalas normas vixentes, europeas e africanas, e algunha máis que non podo transcribir aquí. E só cunha soa norma que non se cumpla xa é dabondo para que retiren o distintivo de forma inmediata, e en ocasións para sempre. O de pasear polas dunas, tomar o sol nelas, acampar, facer cacharelas, pasear cans ou ceibalos directamente para que cacen e xoguen pola zona, etc, etc, son todos estes asuntos gravísimos que acontecen día si e día tamén. E neste caso imos perder todos. As dunas, xa danadas, case sen fauna e coa flora moi deteriorada, e tamén Laxe, porque todos imos perder neste caso concreto. É responsabilidade de todos manter vivas as dunas para que as xeracións futuras disfruten deste tesouro natural único no planeta. Salvemos as nosas xoias naturais.  

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios