Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade

Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade

Planos e debuxos de Arquitectura e Urbanismo. Galicia nos séculos XVI e XVII. Os mapas da costa galega de Pedro Teixeira. 1634. Consello da Cultura Galega
Planos e debuxos de Arquitectura e Urbanismo. Galicia nos séculos XVI e XVII. Os mapas
da costa galega de Pedro Teixeira. 1634. Consello da Cultura Galega

- Durante o Antigo Réxime a vila de Cee constituía unha xurisdición única que pertencía ó Arcediago de Trastámara. Este, como señor da vila tiña a potestade do nomeamento dos cargos públicos máis importantes. Nos casos do cura ou do xuíz estes nomeamentos soían ser vitalicios, mentres que noutros como o dos mordomos do hospital, da igrexa, procurador xeral, alcalde de bulas ou alcalde ordinario da vila, a elección tiña carácter anual: “a primero dia del mes de henero del año de mill e seteçientos por ante mi escrivano y de su merced la justicia ordinaria de dicha villa con asistencia de los vecinos della llamados a son de campana tañida según lo tienen de costumbre para hacer el conçejo y elección de ofiçios de dicha villa…”.

- Tamén formaba parte da antiga provincia de Santiago e do arcebispado compostelán.

- No ano 1672 a vila contaba con 150 veciños (aprox. 600 habitantes).

- A metade da súa poboación vivía da pesca, exportando parte da súa produción ó cantábrico e norte de Portugal. A especie principal era a sardiña, pescando en menor medida abadexo e congro.

- Outros sectores de certa importancia foron os tecidos (encaixes) e o coiro (curtidores e zapateiros)

- Os poucos labradores existentes concentrábanse no Son e antigos lugares de San Paio de Refoxos.

- Ademais da igrexa da Xunqueira, a vila contaba cunha capela adicada á Santa Cruz e con hospital de peregrinos.

- O pai de Domingo Antonio de Andrade foi xuíz da vila de Cee e mórdomo da fábrica parroquial, ademáis de confrade da confraría de San Sebastián e Ánimas, a máis importante da vila.

- A época na que viviu Domingo Antonio de Andrade coincide coa introdución do cultivo do millo, responsable, en gran medida do crecemento da poboación entre 1640 e 1710.

- A partir do inverno de 1709 ten lugar unha grave crise de subsistencias a nivel europeo orixinada polo exceso de frío e choiva. A perda de colleitas fará que o prezo dos cereais aumenten co consecuente incremento da mortandade e da emigración. O Vecindario do ano 1711 non deixa lugar a dúbidas: “Todos los quales según ban expresados son los vecinos de que se compone dha villa (refírese a Cee) y sus terminos de su jurisdizion esistentes: aunque muchos dellos son mareantes y otros asisten mucha parte del año en los reinos de Castilla a vender punttas y encajes para su sustentto y de sus familias… y aunque en dha villa y sus arrabales al presente biben y rresiden algunas mas personas, son pobres sin arraigo que la maior parte del tiempo andan obsteaten (de porta en porta) y al trabajo a diversas partes del Reino y fuera de el…”

- Na imaxe podemos comprobar que en 1634 o cosmógrafo portugués Pedro Texeira asinou o que sería o maior proxecto cartográfico da Coroa española durante o século XVII, “La descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos”. Por encargo do rei Felipe IV, en 1622 un equipo de cosmógrafos percorreu todo o litoral español, dende Fuenterrabía ata a fronteira catalana con Francia, investigando con detalle a topografía das costas do reino. O obxectivo era proporcionar un importante instrumento de estratexia de defensa militar que lle permitía á coroa coñecer con precisión portos, refuxios e zonas con posible utilidade militar.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios