Luns. 03.08.2020
El tiempo
Víctor Castiñeira
09:01
27/11/12

Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte

Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte

 Antigo retablo da Barca na actualidade na igrexa parroquial de Muxia. De Domingo Antonio de Andrade

Domingo Antonio de Andrade exerceu a súa labor profesional preferentemente na cidade de Santiago pero eso non foi obstáculo para que deixara  mostras do seu bo facer por diferentes puntos de Galicia e incluso na veciña Asturias.

Sabemos que tamén realizou traballos na Costa da Morte, principalmente na súa vila natal de Cee, xa que para a súa igrexa realizou dous retablos lamentable perdidos na queima da invasión francesa de abril de 1809, o da capela maior e o da confraría de Ánimas. Seguramente, no caso deste último, gardaría certas similitudes co realizado para o altar maior do santuario da Barca de Muxía e que fora doado polo arcebispo Monroy pouco despois do ano 1694 (na actualidade na igrexa parroquial de Santa María polo que tivo que ser reformado).

 

Igrexa e torre de San Pedro de Buxantes. Realizada por Domingo Antonio de Andrade

Sabemos ademáis que o retablo ceense combinaba as cores douradas co negro bruñido das columnas e a parra de oro limpio e que albergaba as imaxes de San Xosé, o Santo Cristo, Santo Domingo, San Francisco mas la caja con ystoria de Ánimas…

No referente ó retablo principal da igrexa ceense sabemos que foi unha das súas primeiras obras, datada entre 1666-67, e realizada no seu taller de Santiago. Tamén que o propio Andrade se desprazou a Cee xunto con algúns dos seus aprendices para proceder ó montaxe, xa que nas contas da fábrica parroquial de Cee, no seu segundo libro, podemos ler: “Mas se le resibe en descargo setenta y seis rreales del gasto que hiço con Domingo Lopez de Andrade y tres criados en los dias que ocuparon en poner el retablo nuevo que hiço y encaxarlo en la Capilla Mayor…

Andrade foi un artista multidisciplinar, que ademáis do traballo da madeira e da pedra, tamén se atreveu co ferro e a orfebrería. Da súa obra en ferro quedou mostra en diferentes edificios de Santiago e tamén na reixa da capela da Concepción na catedral, na que o propio Andrade está enterrado. Do traballo con metais preciosos descubrimos recentemente que a lámpara maior da igrexa da Xunqueira de Cee fora realizada por el despois do ano 1703, se ben esta non se conserva na actualidade pola mesma razón xa mencionada anteriormente.

Finalmente, e aínda que non se debe directamente a el por terse realizado as obras despois do seu falecemento, é máis cá evidente a influencia da arquitectura de Andrade e da súa Torre do Reloxo no campanario da igrexa de San Pedro de Buxantes.


  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

comentarios