Luns. 25.01.2021
El tiempo

A Loba Brava

Mortes de gando por culpa das lobas, hai que matalas; accidentes nas estradas por culpa dos porcos bravos, hai que matalos; proxectos condicionados por culpa dunha flor, hai que pisala. Estas son as noticias que semana tras semana programan ao humanoide máis sinxelo e menos evolucionado para a súa resposta inmunodeficiente.

A inmunodeficiencia é un estado patolóxico no que o sistema inmunitario non cumple co papel de protección que lle corresponde deixando ao organismo vulnerable á infección antropocentrista, enfermidade que non permite darse conta que ter a Un por encima de Todo ten por deriva e a destrucción de Todo para quedar só Un. Curiosamente a natureza enfermiza deste comportamento nace dun ser creado pola evolución dun Todo ao que se agasalla co Edén, fruto do equilibrio no espacio e tempo da realidade dimensional percibida, fruto da evolución xenética das súas devanceiras que derivan dos lodos da Nai Terra do mesmo xeito que ti derivas dos mocos da cona da túa vella.

A moda protocolaria social actual da “familia” humana é agredir e insultar a Nai, porque así o dictaron os patróns que reparten o pienso de papel moeda, isa é toda a xustificación na que se asenta a vontade? Este comportamento tan irrespetuoso con nos mesmos non poidera existir nin considerarse se algúns irmáns non se esforzasen en facer del unha norma, un protocolo, como pegar a muller foi unha mostra de “amor” tan insertada na programación psíquica dos devanceiros que a día de hoxe segue a representar a maioría das fantasías sexuais a pesar do teatro público de mulleres e homes, por igual, pois ningunha persoa se escapa de ser humano, ninguén se escapa de ser masculino nin de ser femenino, non é cousa de conas nin de capullos, e cousa dos seres humáns comprender que todo parte do mesmo fío onírico, que o de fóra comunica co de dentro, de tal xeito que os cánceres provocados na natureza planetaria replícanse na natureza humana, de tal xeito que a contaminación enmascarada dos ceos fai viral a respiración, de tal xeito que a destrucción continuada do latexo da vida provoca unha cardiopatía constante de ictus crecentes. Pois sendo filla do mesmo prisma non pode faltar a humildade e o agradecemento aos lodos que te erguen ao igual que non pode desmerecer o arco da vella as gotas de auga nen tratar con desdén aos raios do sol, porque son as súas cores fruto da súa conxunción, porque son as túas ondas o espectro do Amor, como son as plantas e os animais na súa evolución a semente que da o fruto da nosa creación.

É se o humano fora loba? No concello de Camariñas existiría unha sóa casa, no concello de Muxía existiría una sóa familia, porque se a humana fora lobo non existirían os pobos e os núcleos sociais, porque se o humano fora loba viviríamos nun inferno constante onde asomar a cabeza ao exterior sería xa de por sí un perigo existencial, porque se a humana fora lobo verían arrasadas as súas hortas por un odio visceral, porque se o humano fora loba viviría dende pequeno nun asedio constante, porque se a humana fora lobo estaría sitiada e cercada nun bloqueo militar prolongado xeneracionalmente, porque se o humano fora loba viviría nunha continua guerra cuio único obxetivo e o xenocidio autodestructivo. 
Racismo, xenocidio, represión, odio visceral e rencor virtual contra o indíxena e os seus pobos independentemente da súa natureza animal só para satisfacción de intereses señoriais. Ata cando ides darlle continuidade a ese protocolo? 

O ku klux klan rexeitado contra os animais humanos é aplaudido e subvencionado contra o resto dos animais, como unha mostra de “evolución”?

Os lobos son moi difíciles de observar, tal é o pavor que sinten hacia ese demoníaco ser que lles mostra un odio irracional, ese ser que mata mañan, tarde e noite de cada día unha infinidade de reses de gando sen necesidade ao tempo que lles acusa as lobas de matar algunha dentro do orde da supervivencia natural. É a conclusión do ser “racional”, do depredador artificial, acusar a loba de ser un depredador natural? É a conclusión do ser “racional” criticar a esencia do animal e divinizar a presidencia do mal? 

lobobravo

O porco bravo non pon as súas pezuñas por gusto no asfalto, nen destrue o millo forestal por divertimento diábolico, eso apartén en exclusiva a certas especies humanoides. A porca brava aliméntase de herbas, raíces, tubérculos, frutos, landras, setas, trufas, reptis, ovos, aves, roedores, ... un abanico o suficientemente amplio para que vos deades de conta que nada diso atopan no monte máis que de xeito minimalista en pequenas fincas nas que teñen vetada a entrada so pena de morte. 

O porco bravo destroza os campos de millo forestal igual que algúns arrincan os eucaliptos do chan, e para quen teña dúbidas do sentido do que eles fan, do que tentan ensinarvos dende o silencio obrigado da súa cárcere vital, preguntádelle as vellas que ainda conservan as sementes do millo devanceiro, ide aos montes a curiosear, a palpar a realidade 3d de forma táctil, visual e sensorial, ide a falar cos vosos irmáns e veredes como nas fincas nas que plantan unha ringleira de millo transxénico e outra do natural, pisoteará o porco bravo unha ringleira, pateará con rabia silenciosa unha, só unha, a transxénica, esas son as fincas de millo forestal que destruen as porcas bravas. A ringleira de millo de evolución natural, o fruto da semente das devanceiras, respetarana ou paparana, dependendo do bruar estomacal que deambulan polos montes vacíos de contido. Deberíamos darlle as gracias pola súa bravura, pola súa valentía, polo seu amor, pola súa constancia a pesar do pago que reciben, a pesar do silencio vergonzoso do seus irmáns; darlle as gracias pola súa loita pasional por limparnos de contaminación celular a Vida, en vez de insultalas e rirse delas por acercarse as rúas para buscar na basura un gramo de alimento, pois só a desesperación e a loucura as fan achegarse ao que para elas é o inferno.

A humana é lobo e loba, ao igual que o humano é loba e lobo, condicionar de tal xeito a vida dalguén condiciona a nosa tamén, a erradicación do lado salvaxe das terras do señor domestica a parte salvaxe dos humanos que servirán con maior devoción e menor carraxe a sinrazón egoísta dos desexos do aceptado patrón por protocolo herdado de esclavismo e sumisión. E as galegas? Agradecidas da súa sumisión, seguirán a destruir os montes sen compasión, sen coñecelos nen pisalos a non ser que vaian enriba de 100 cabalos ou lle urbanicen algún corredor para pasearse ata algún banco que faga de mirador? O monte galego é pino e eucalpito, ambos impostos por Franco, e tras 70 anos de destrucción do solo e involución do equilibrio biolóxico os galegos só se preocupan dos nomes das rúas? Enfermidades, contaminacións, cambio climático e pandemias coas que nen confinamentos nen razoamentos son quen de facer pensar como estamos a obrar? Cando todo se nos dá e un nen se para a pensar, a recapacitar, a dar gracias, a pedir perdón e a asumir os erros, péchase o camiño da evolución e con elo o soño muda en pesadelo, e ainda que os soños, soños son, non é o mesmo despertar cunha bágoa que cun sorriso de ilusión.
Que solución económica lle poñemos aos “destrozos” dos animais cuadrúpedos? A mesma que aos destrozos dos animais que andan de pé, as granxeiras ás que as lobas maten algún animal pagarlle pola pérdida con premura solucionará toda queixa, pago do estado, do territorio, dos seus irmáns igual que pagamos impostos para que os ricos teñan menos gastos, pagar para que os máis pobres teñan menos “destrozos” da loba ou do porco bravo, sempre e cando estes sexan “destrozos” en granxas que coiden dos animais ou de productos naturais, pois aos Monsantos xa lles pagamos demáis. 

Unha cousa é o control cinexético do noso caos egocéntrico por querer xogar ao tiro ó plato xenético e outra cousa é que libremente se paseen polos montes xente armada sen ningunha sinalización e ningún control por parte de axentes forestais, medioambientais e Seprona, suficientes corpos e persoal para non entender o abandono da protección da natureza, e ainda que as excepcións habelas, hainas, non pode a Orde basarse nelas para decir que é a Lei.

P.D.- O pago por morte de reses fruto de ataques de lobas é unha solución que xa existe en Asturias, onde se cobra con premura pola pérdida de reses fruto do ataque do lobo, onde a granxeira non ten queixa nen problema por que a loba viva, máis ben gratitude por compartirla. 

Gracias porco bravo, gracias loba!
E ti, eres do clube da Nova Era?

 

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

comentarios