Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee

Poldo Lamela e Edu López lanzan a nova canle de humor informativo "Notisias da Costa"

Froito do “aburrimento invernal”, Poldo Lamela e Edu López veñen de crear a nova canle de Youtube @NotisiasdaCosta. Este venres ás 22:00h, o Rock Corner Bar de Cee acolle a preestrea mundial desta simpática iniciativa que de seguro nos fará escachar da risa coa visión satírica da realidade costeira.

Un novo programa de "notisias”, coa produción de KCH Visuals, dirixido por Poldo e guionizado e presentado por Edu, que nace ca aspiración de involucrar a tódalas persoas da costa.

Un formato de tv online divertido no cal interveñen xa nesta primeira entrega outras caras coñecidas da Costa da Morte.

Os que vaian á presentación poderán ver o primeiro informativo, o resto teredes que esperar ao seu estreo, o domingo día 02 de abril, cando a partir das 15:00h se emita o primeiro programa na canle de YouTube @NotisiasdaCosta<(a> a nivel mundial.

Notisias da Costa logo

Poldo Lamela e Edu López lanzan a nova canle de humor informativo "Notisias da Costa"