Venres. 27.11.2020
El tiempo

Costa da Morte

O proxecto The Celtic Mother Land comeza a levar a Galicia máxica polo mundo

Esta pasada fin de semana tivo lugar a presentación oficial en Sanxenxo do proxecto The Celtic Mother Land. Un proxecto que pasaba pola comarca o pasado mes de xullo para cazar imaxes dende a Moa, que pretende recoller esa Galicia máxica, esa Galicia Celta, para expoñerlla ao mundo enteiro a travé dunha serie de impactantes vídeos.

Precisamente o Monte Pindo, e tamén o Monte Branco e as praias do Trece son protagonistas o trailer de presentación. Nel vemos a Marcos Redondo, a alma e produtor da iniciativa, que un pouco recolle a súa historia persoal para convertirse nun viaxeiro que comeza a percibir esa chamada da súa “deusa terra nai” cando percorre o mundo.

Esa necesidade de volver ás súas raíces é a que lle trasladou a idea de facer esta serie de spots, de vídeos, que pasiño a pasiño irán saíndo, levando polo mundo o mellor, o máis auténtico da nosa terra.

Presentacion do Proxecto The Celtic Mother Land
A presentación tivo moi boa acollida

Presentacion de Celtic Mother Land
Diego Matellán, Marcos Redondo e Alex Timelapse, os culpables do proxecto

Marcos Redondo-Alma de Galicia The Celtic MOther Land
Marcos Redondo-Alma de Galicia The Celtic MOther Land

Novas relacionadas

O proxecto The Celtic Mother Land comeza a levar a Galicia máxica polo mundo