Luns. 06.04.2020
El tiempo

DUMBRÍA

Unha visita institucional á Casa Niño do Ézaro

Xa visitáramos a Casa Niño de Rocío Alonso o pasado ano. Hoxe, martes 18 de febreiro, tocoulle ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, achegáronse para visitar a Casa Niño “Areíña de cores”.

A Casa Areíña de Cores, situada no Ézaro, coida a 5 criaturas dumbriesas nun ambiente de confianza do máis familiar ideal para fomentar a súa autonomía.

A visita serviu para nunciar que mañá comeza o prazo para que os concellos que aínda non dispoñen deste servizo poidan contar con el.

Máis información

Unha visita institucional á Casa Niño do Ézaro