InicioCULTURAA Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido

A Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”A Sombra dos Soños” é o primeiro proxecto totalmente en galego de Jose Carballido. O coruñés, mestre no CEIP de Caión, preséntase escoltado dunha banda formada polos tamén herculinos Diego Lestón (batería), Daniel Añón (guitarras), Lalo Carnota (baixo) e José Roca (teclados, ademais de director do propio centro larachés) na saída do seu primeiro disco “I” en tódalas plataformas musicais.

O disco foi gravado nos estudios Disquesí e está formado por catorce pezas que se moven entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen dende o rock setenteiro ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Os textos son predominantemente intimistas, explorando a alma humana desde diferentes puntos de vista e poñendo os personaxes de cada canción en diferentes situacións co obxectivo de entender e analizar un mundo que case nunca é sinxelo de comprender.

Jose Carballido, Licenciado en guitarra polo COSMAC (Conservatorio Superior da Coruña), xa gañou o seu primeiro premio acadado no concurso Aguillolo Rock (2002), alcanzando moi pronto o segundo posto no festival da canción de Ordes (2003), ambos como cantante, compositor e guitarrista do grupo Mízar. Tamén participou noutras agrupacións musicais como Piazzolla (interpretando música do compositor arxentino), Dezine (bandas sonoras) ou Aeternam (versións de rock).
No 2011 estrea a súa obra Requiem, para grupo de rock progresivo e coro clásico por diferentes teatros de Galicia. No 2016 publica un EP de pezas propias co grupo Khitara, banda formada por dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, caixón flamenco e voz, saíndo a tocar con dita formación por varios auditorios e teatros galegos. Compaxina o seu traballo como mestre de música no CEIP de Caión coa composición e a interpretación musical.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here