Como infúen as políticas de desmantelamento do servizo sanitario público nun paciente con cancro de próstata

Braulio Amaro, neto de ceense e residente por temporadas en Cabana, quere contarnos en primeira persoa como afecta directamente a política de desmantelación do servizo sanitario público galego.

Son Braulio Amaro Caamaño (nº historia clínica 469164), enfermo de cancro de próstata.

O 17 de outubro de 2019 foime comunicada a presencia dun tumor na próstata despois da realización da biopsia.

Uroloxía inicia o procedemento habitual neste casos: Tratamento hormonal, Resonancia Magnética e Gammagrafía.

Despois de bastantes demoras e coas correspondentes reclamacións presentadas, chegamos ao 23 de decembro de 2019. Uroloxía me comunica que efectivamente teño cancro de próstata e que debo iniciar tratamento de Radioterapia no Hospital do Meixoeiro (Vigo) no Servizo de Oncoloxía Radioterápica, solicitando que se me faga unha PET Colina e se me asigna unha doutora do Servizo para o meu seguimento.

Outra vez demoras na realización da PET, atribuíbeis como as anteriores ao Sergas. Volta a presentar reclamación para que se me realice a PET.

Unha vez realizada a PET, realización dun TAC de simulación para iniciar o tratamento.

O 12 de marzo son citado para consulta no Servizo do Hospital do Meixoeiro. Nesta consulta se me informa que aparte do cancro na próstata aparecen afeccións metastáticas na cabeza do fémur esquerdo e en vértebras e que precisan contrastar con Medicina Nuclear sobre a conveniencia de iniciar o tratamento de Radioterapia.

O 13 de marzo se me comunica telefonicamente que realizada a consulta desisten do tratamento e se me indica que contacte con Uroloxía do Hospital A. Cunqueiro. Solicito cita e son convocado para o 1 de abril.

Nesta consulta se me indica que realizada unha consulta con Oncoloxía Médica do A. Cunqueiro, teño que acudir o día 2 de abril á consulta presencial en Oncoloxía Médica.

Nesta consulta se me informa e analizan as distintas posibilidades de tratamento, decantándose pola reanudación do tratamento de Radioterapia mais ten que consultalo co Servizo de Radioterapia do Meixoeiro.

O 6 de abril se me comunica telefonicamente que hai plácet dos 2 Servizos para iniciar o tratamento e xa está solicitado formalmente o inicio deste.

O 8 de maio son citado para consulta en Oncoloxía do Meixoeiro, na mesma se me indica que teño que realizar de novo o TAC de simulación e que o tratamento será en 2 fases para tratar na afeccións primeira a zona da próstata e na segunda as afeccións metastáticas.

18 de Maio, realización do TAC de simulación.

Á vista de que non son citado, chamo ao servizo o 29 de maio para coñecer cando está previsto inicio do tratamento. Son informado que nesta altura está en estudio de Dosimetría para saber o tipo de radiación. Pregunto se hai algunha data prevista e danme como referencia probábel o 16 de xuño.

Presentada reclamación ao Sergas o 31 de maio, a día de hoxe sen contestación.

Como se fora un sarcasmo, temos que ler no Faro de Vigo do 17 de maio: “El Chuvi logra mantener el tratamiento a todos los pacientes con cáncer durante la pandemia.
Oncología extrema las precauciones para atender "al 100%" de los enfermos”.

Só pido que me traten coma un cidadán normal sen necesidade de enchufes.... e que destinen os recursos necesarios para atender á cidadanía con garantías.

Resulta obvio que, independentemente da situación de emerxencia sanitaria provocada polo Covid 19, un cancro se non se trata a tempo ten un final anunciado.

Espero non estar nesa fase, somos persoas e non números nunha estatística.

Vigo 6 de Xuño de 2020

  • Brauilio Amaro. Neto de ceense, residente estival en Cabana de Bergantiños e activo participante na loita contra a mina de Corcoesto.