A Cruz Vermella de Vimianzo atendeu en 2015 a 182 persoas da bisbarra
A Cruz Vermella de Vimianzo presentou o pasado sábado na Casa da Cultura de Vimianzo, a súa memoria de actividades na que fai balance do traballo realizado en 2015 para apoiar ás persoas máis vulnerables. Pequenos, mozos, maiores ou inmigrantes son algúns dos colectivos que xa coñecen de primeira man o traballo da entidade.
A presentación contou coa presenza de Fátima García Antelo, técnica da asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo, Rocío Soto Canoso, vicepresidenta desta asemblea, Rebeca Veiga, presidenta da mesma e Fernando Mancebo, tenente alcalde de Vimianzo.
Colectivos vulnerables
A organización atendeu en 2015 a 182 persoas en extrema vulnerabilidade principalmente en Vimianzo, pero tamén en Camariñas, Zas, Laxe e Cee. A Organización entregoulles alimentos e, nalgúns casos, tamén vales para a compra, kits de higiene, axuda para os gastos escolares e pagos de suministros e de gastos sanitarios. Pero Cruz Vermella trata de ir máis aló e busca melloras a longo prazo para as persoas ás que apoia; así, por exemplo, algunhas destas participaron nun taller de economía doméstica e aforro, no Espazo de Procura Activa de Emprego ou nun taller para a procura de traballo.
Cos cativos e os mozos
Outra das grandes áreas nas que traballa a organización son os dereitos da infancia, principalmente o dereito a unha educación, entendido no seu sentido máis amplo. A través de Cruz Vermella Mocidade, a sección xuvenil de Cruz Vermella, a organización apoia á infancia en dificultade social a través da súa campaña de juguetes, que beneficiou a 32 menores, e a través do proxecto de promoción do éxito escolar onde o voluntariado entregou meriendas saudables, apoiou nas tarefas escolares e traballou hábitos de aprendizaxe con 18 menores.
Doutra banda, Cruz Vermella Mocidade desenvolveu un traballo específico de educación en valores e sensibilización a través de actividades de tempo libre e campamentos, onde participaron 93 menores; en talleres de educación para a saúde e prevención de condutas violentas para 238 mozas dos centros educativos da zona e campañas de sensibilización en días sinalados como o Día Internacional da Muller, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, Día Mundial do Auga e Día Mundial do VIH.
E cos maiores
Ademais, 18 persoas maiores dispoñen da Teleasistencia de Cruz Vermella, unha axuda para que poidan sentirse seguros e ser autónomos mentres permanecen nos seus domicilios, a 9 dos cales o voluntariado de Vimianzo dió seguimiento a través de 136 chamadas telefónicas. Doutra banda, outras 18 persoas maiores recibiron o acompañamiento periódico do voluntariado para realizar xestións ou ir ao médico.
E cos inmigrantes
A asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo tamén desenvolveu outros proxectos específicos para persoas inmigrantes, mulleres que sofren violencia de xénero, dispositivos de prevención en urxencias, cooperación internacional e formación en primeiros auxilios e manipulación de alimentos. Unha actividade que é posible grazas a 24 persoas voluntarias e a 238 socios da asemblea de Vimianzo.
Cea solidaria
Así mesmo, a organización local de Cruz Vermella organizou unha cea solidaria, co obxectivo de recaudar fondos para poder continuar apoiando ás persoas máis vulnerables de Vimianzo e a súa área de influencia. A cea continuou logo da presentación da memoria, no Salón Caribe de Vimianzo.
Novas relacionadas- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cruz Vermella Vimianzo