A Forza do Local enche de proxectos pioneiros Santa Comba
Inaugurábase onte a exposición “A Forza do local“. Unha exposición organizada por Afiprodel-Galicia, a asociación de profesionais do desenvolvemento local, conta coa colaboración coa Deputación da Coruña e as entidades e empresas que presentas as súas iniciativas. A exposición estará no Centro Integrado de Formación Terra de Xallas - Edificio Multiusosdo 9 ao 27 de marzo (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas).
“A forza do local”, un cóctel de exemplos de desenvolvemento, amosa experiencias innovadoras nos territorios de Galicia que demostran o potencial dos recursos locais e do bo facer das nosas xentes e dos profesionais de desenvolvemento local. Organizada por Afiprodel-Galicia, a asociación de profesionais do desenvolvemento local, conta coa colaboración coa Deputación da Coruña e as entidades e empresas que presentas as súas iniciativas.
A exposición foi presentada na Feira de Desenvolvemento Local celebrada en Ames o pasado mes de novembro. Antes de chegar a Santa Comba, expúxose en Camariñas, Vimianzo, Mazaricos e Coristanco.
Son varios os proxectos que desenvolve o proxecto como singulares, entre os que destacan produtos costeiros:
- Arqueogastronomía (Vimianzo- A Coruña). Recuperación da gastronomía castrexa/medieval e xeración de produto turístico.
- Man: mar, arte e natureza (Camariñas- A Coruña). Produto turístico baseado na obra artística de Manfred Gnädinger.
- O Camiño dos Faros. Sendeiro GR (Costa da Morte - A Coruña). Posta en valor de recursos naturais.
Ademais, os paneis informativos tamén contan as seguintes historias:
- Activa Combarro: horta e mar (Poio – Pontevedra). Recuperación e transferencia do coñecemento, innovación desde o patrimonio inmaterial.
- Agricultura sustentable (Ames- A Coruña). Recuperación de saberes e sabores.
- As Pontes, experiencia industrial (As Pontes- A Coruña). Creación de produto turístico. Cartoy Pro Apoyo (Lourenzá - Lugo). Proxecto emprendedor de mellora da calidade de vida dos maiores.
- Cooperativa comercializadora Terras da Mariña (Lourenzá - Lugo). Proxecto cooperativo de comercialización de fabas de Lourenzá.
- Cova de Eirós: escavación e posta en valor (Triacastela- Lugo). Proxecto de posta en valor de recursos arqueolóxicos.
- Dinamo (Santiago de Compostela). Proxecto emprendedor de mensaxeira ecolóxica, o consumo responsable, a cultura e a publicidade local.
- Fortaleza de Tovar (Lourenzá - Lugo). Proxecto turísticos de recuperación do patrimonio.
- Grandicela arquitectas (Lourenzá - Lugo). Proxecto emprendedor de arquitectura sostible.
- Horta de conservación de froiteiras (San Sadurniño- A Coruña). Proxecto de economía agropecuaria local.
- Restauramar. Fundación Lonxanet para a pesca sostible.
Fonte
- Afiprodel.