Alumn@s do IES Pedra da Aguia miden o latido do corazón da Unión Europea

Alumn@s do IES Ponte do Porto no Parlamento Bruselas

Estreita a relación entre o Ies Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas coa política e concretamente coa realidade da Unión Europea. Levan anos achegando a realidade política aos seus alumnos, e este ano non podía faltar esa viaxe ao seu corazón: Bruxelas.

15 alumnos de 3º da ESO, este curso “embaixadores junior do Parlamento Europeo”, fixeron unha viaxe dunha semana de duración para visitar distintas institucións europeas nas cidades de Estrasburgo e Bruxelas. Acompañados dos profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Susana Álvarez e Jacobo Santos, tiveron a oportunidade de coñecer en Estrasburgo as sedes do Consello de Europa, o Parlamento Europeo e da Valedora do Pobo.

Xa en Bruxelas, os alumnos foron recibidos na Comisión Europea pola Presidenta da Fundación Galicia-Europa, Ana Ramos, e volveron a visitar as instalacións do Parlamento Europeo, coa asistente persoal do eurodeputado galego Millán Mon, Anabel Andújar, quen os levou por lugares do edificio polos que normalmente non van as visitas.

A intensa viaxe continuou coa participación dos alumnos no xogo de rol do Parlamentarium, no que comprobaron in situ como se leva a cabo a aprobación de directivas polos membros do Parlamento Europeo, e coa visita á recién inaugurada Casa da Historia Europea, un lugar para a reflexión e a memoria europea que percorreron durante 3 horas cunha tablet.

A parte lúdica da viaxe estivo no percorrido en barco polas canles de Estrasburgo, a visita ao campo de batalla de Waterloo e, sobre todo, a visita á cidade de Brujas, onde alugaron unas bicicletas para achegarse ás praias do mar do Norte, un total de 50 km que os deixou exhaustos, pero contentos.

No Parlamento Europeo

Dura volta á realidade

”O regreso á normalidade non vai ser doado”, recoñecen os propios mestres, “porque ao traballo nas aulas van ter que engadir a preparación das actividades do 9 de maio, Día de Europa, no que terán que debatir cos outros compañeiros de Instituto sobre o futuro de Europa”.

Este debate terá lugar no hemiciclo da Deputación de A Coruña e contará coa colaboración e a axuda da organización Europe-Direct, quen xa preparou un protocolo de actuación para ese día.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • IES Pedra da Aguia