Alum@s de 10 colexios da comarca xa disfrutan dos deportes acuáticos en horas lectivas

Rapaces do Eugenio Lopez Xogando co vento e a auga no Mar na Escola

A maior parte dos participantes na decimo cuarta edición do programa OMar na Escolá "Xogando co Vento" realizaron as primeiras sesións de mar. Trátase dos alumnos dos centros de Camariñas (CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porte, I.E.S Pedra da Aguia) de Cee (Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio Lopéz) de Dumbría (CEIP Santa Eulalia) de Fisterra (CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta e Colexio Nª Sª do Carmen) de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe).
Tan só quedan os alumnos dos centros de Muxía (CEIP Virxe dá Barca, CEIP Os Muiñvos , CEIP Villarmide e IES Ramón Caamaño), que arrincarán no mes de xuño.

O programa, recentemente escollido Mellor Proxecto de Promoción da vela pola Federación Galega, inclúe unhas sesións teóricas previas cuxo obxectivo é familiarizar aos alumn@s co mundo mariño a través de sesións formativas sobre a vida no mar (corales, esponxas, ourizos, peixes, crustáceos…), acuicultura e axudarlles a entender as mareas, as correntes e o vento, así como os elementos de medición das mesmas.

Pero o que máis lles presta, e lles serve para afianzar lazos co seu mar, son as sesións prácticas. Nestas primeiras saídas ao mar, os alumnos utilizaron kaiaks e embarcacións de vela lixeira. Ademais, no barco escola aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e teñen a oportunidade de practicar manobras nos distintos postos de abordo (estafón, foque, maior, facer banda).

Todas estas experiencias servirán para preparar os seus debuxos de cara ao I Concurso de debuxo Stolt Sea Farm “a crianza do rodaballo”.

Mozos de Fisterra facendo vela no Mar na Escola
Nenos de Corcubion con Noemi Bermudez na embarcacion de O Mar na Escola
Nenos de Corcubion antes de saltar a auga
Pequenos mariñeiros do Areouta de Sardineiro no Mar na Escola
Nena de Camariñas disfrutando do Mar na Escola

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).