Un campionato de EscapeRoom para escolares coa fareira do Faro Vilán como protagonista

Interesante proposta dos GALP e a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Unha proposta para o alumnado de 1º e 2º da ESO de toda Galicia, para realizar unha actividade que permite ao alumnado aprender xogando, e promovendo o patrimonio mañeiro atlántico.

Unha das cousas máis singulares deste novo xogo, o EscapeRomo REMA360, é que está inspirado en Cristina Fernández, unha das primeiras fareras de España e que pasou parte da súa vida en Cabo Vilán, en Camariñas. A agora xubilada terá que conseguir facer funcionar de novo a todos os faros da costa atlántica europea aos que, por un estraño motivo, apagóuselles a súa luz.

Deste xeito, os estudantes enfrontaranse, de xeito individual, a un xogo a través dunha páxina web que ofrece imaxes en 360 grados, vídeos ou arquivos de audio. A partir destes recursos audiovisuales, os alumnos terán que resolver diferentes probas.
O alumnado realizará un percorrido por 27 museos pertencentes á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), entre os que están varios da Costa: Museo da Pesca (Fisterra), Fábrica de Sel (Muros), Museo Man (Camelle), Museo do Encaixe (Camariñas), Forno do Forte (Buño), Museo Mar de Laxe, Arquivo de Pesca de Caión (A Laracha), A Conservería (Camariñas), Muíño Pozo de Cachón (Muros).
En cada un deles, deberá superar os retos propostos para poder acceder ao seguinte espazo. Tras completar os museos asociados a cada un dos GALP, os participantes deberán superar unha nova proba para conseguir un obxecto. Os tesouros que irán recaudando serán necesarios para resolver o reto final da fase online.

Inscrición

Os centros escolares interesados en participar nesta actividade poden realizar a súa solicitude ata o 28 de febreiro da través do correo electrónico rema360@redrema.eu. As prazas son limitadas e a inscripción é gratuita. A fase nline desenvolvenrase entre marzo e abril, a presencia o 18 de maio nun escape Room instalado nun dos museos da rede. Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/.

Novas relacionadas