Denunciado un cerqueiro de Camariñas por navegar co sistema de localización apagado

Imaxe de arquivo do Porto de Camariñas

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil de A Coruña denunciou a un cerqueiro de Camariñas, por dúas supostas infraccións á Lei de Portos e Marina Mercante. O buque estivo navegando co sistema AIS desconectado dende as 20:38h do pasado 3 de outubro ata ás 3:53 da madrugada.

Unha vez atracado os efectivos da Benemérita constataron que a embarcación estivera faenando co dispositivo agapado, sen o patrón a bordo, realizando outro membro da tripulación as súas labores sen a capacitación necesaria para os mesmos, e con dous tripulantes mesmos da mínima de seguridade.

Así, a Garda Civil sancinou coas pertintentes denuncias, remitíndoas á Dirección Xeral da Marina Mercante.