Excarcerado en estado grave un home tras un accidente en Camelle

Accidente grave en Camelle

Esta mañá, arredor ds 11:15h, tiña lugar un novo accidente en Camelle, Camariñas. Un turismo perdeu o control e bateu contra unha casa, quedando atrapado o condutor, un home de arredor dos 70 anos. Os Bombeiros de Cee procederon á súa liberación.

Un particular alertaba ao 112 que solicitou a intervención dos profesionais sanitarios que, debido á gravidade da situación, optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra moi preto do lugar dos feitos, e trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia.

Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil da localidade.