Inaugurada unha escola na India que conta coa colaboración do Concello de Camariñas

A Fundación Vicente Ferrer, unha institución sen parangón radicada na India, vén de rematar a construción dunha nova escola na rexión de Anantapur. Son 5 os centros educativos que puxo en marcha neste país.

A entidade, para sufragar estes gastos organiza, a través do proxecto Matasombras, unha serie de subastas de arte. Nunha delas, no ano 2021, o Concello de Camariñas adquiriu dúas obras de Amparo Sard, que nese momento expoñía a súa colección ‘La inercia de los escombros’ no Museo Man de Camelle e ese importe destinouse para sufragar os gastos de construción do centro educativo.

Segundo explica o comisario de arte do proxecto Matasombras, Antonio Torres, as escolas constrúense “en zonas rurales donde no hai centros educativos, con el objetivo de ayudar, a través de la educación, a cambiar determinados hábitos sociales instaurados allí como puede ser el que dice que las clases bajas no pueden salir a la calle durante el día porque hasta su sombra es impura y no puede tocar a nadie”.

Entidades Colaboradoras co proxecto