O Castelo do Soberano convertirase nun establecimento de turismo rural

Xa coñeciamos hai 2 anos que había un proxecto en mente. O dono dos terreos do Castelo do Soberano, Juan José González Soto, dono do Restaurante Puerto Arnela, levan tempo detrás da idea de rehabilitar esta fortaleza do século XVIII. E parece que o proxecto agora xa non só está en mente, senón que está en marcha.

Hoxe anunciaba a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que colaborará co Concello de Camariñas para que ambas administracións colaboren na recuperación da parcela para habilitar unha zona histórica deste municipio para o goce de veciños e visitantes.

O concello recibiría a cesión do castelo, que conta con categoría de ben de interese cultural (BIC), e a súa zona verde para uso público; e fóra da servidume de protección do Dominio Público Marítimo Terrestre, mentres que o promotor desenvolvería unha instalación de turismo rural que resultase potenciador do medio, próxima aos restos do castelo, nos que se faría unha actuación de posta en valor, con carácter museístico.

Canóns do Castelo

Ademais, o proxecto inclúe tamén a recuperación para o museo dos canóns do Castelo, que se utilizaron como amarre no porto camariñán durante moito tempo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).