'O son do mar' no Cabo Vilán

Camariñas acolle dende o 9 de xullo ata o vindeiro 31 de agosto a exposición 'O son do mar', unha proposta atrevida que se atreve a fusionar escultura de temática mariñeira e a pintura sumi-e (sobre placas de cerámica). O escultor ceramista José Garrido, reflexiona nas súas obras sobre os homes e mulleres da Costa da Morte na súa relaación diaria co mar. Esta relación materialízaa a través do barro e o lume. Yano Yoro é o nome co que se dá a coñecer a artista plástica Susana Llorente, afincada en Muxía. A súa obra, influenciada pola arte tradicional chinesa, emprega as placas de cerámica e os óxidos vitrificantes para amosar todo o que lle inspira á artista a Costa da Morte. A exposición inaugúrase o vindeiro sábado no Cabo Vilán coa presenza dos dous artistas, acompañados de música e poesía.