Os pequenos de Camariñas aprenden educación vial entre risas

Rematou maio e con el vai rematando o curso escolar. E é tempo de actividades extraescolares. Entre as actividades máis destacadas e que máis lles chamaron a atención os pequenos e pequenas camariñáns, sen dúbida están os talleres de educación viaria.

Os axentes da Policia Local do concello achegáronse ás clases para explicarlle o alumnado de 1º e 2º de primaria dos colexios O Areal de Camariñas e O Allo de Ponte do Porto, unha morea de conceptos de seguridade vial. Os pequenos disfrutaban aprendendo a diferenza entre estrada e rúa, os comportamentos axeitados dos peón; as normas de uso da bicicleta; a utilización dos semáforos, pasos de peón, indicación dos axentes de trafico; o uso dos cintos de seguridade...

Como vedes na imaxe os rapaces e rapaces estaban do máis interesados e seguro que algún e algunha o chegar a casa nos deron unha lección do que non debemos ou debemos facer cando imos polas rúas ou estradas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.